"Hai solucións, hai alternativas. E estas dependen de todos nós, de que nos organicemos"
Entrevista a Joaquín Miras,[*] por Alexandre Carrodeguas [**].
Joaquín Miras vén de publicar co seu compañeiro Joan Tafalla en 'El Viejo Topo' o libro 'La izquierda como problema' onde analizan a crise civilizatoria que estamos a atravesar e cuestionan o propio papel da esquerda. Miras dinos nesta entrevista que o único futuro humano será o que nós logremos crear coa nosa propia praxe colectiva. Joaquín é un gramsciano catalán discípulo da parella Adinolfi-Sancristán que nos lembra aquela cita de Gramsci que nos tempos malos da historia, coma os que vivimos, temos que pasar, modestamente, de sentirnos “labradores da historia” [aratori della storia] a considerarnos “esterco da historia” [concio della storia]. “Antes -dicíanos Gramsci- todos querían ser labradores da historia; ninguén quería ser esterco da historia [...] Pero pódese arar a terra sen botar antes o abono? Algo cambiou, porque agora hai quen se adapta filosoficamente a ser esterco, o que sabe que ten que selo e adáptase”. Nesta liña Miras incítanos a repensarnos como únicos "soberanos" da Historia. E a volver recuperar as prazas e palacios.
Por que o título de A esquerda como problema?
Porque a esquerda, novamente, e do mesmo xeito que no 78, no canto de tratar de traballar pacientemente para facer posible que a xente se autoorganice, actúe e faga a súa experiencia, substitúe a acción protagonista da xente, e postúlase ela mesma como a solución. En consecuencia, cada grupo político considera que chegar “o primeiro”, vender as súas ideas, con independencia de que haxa forza de masas para impolas, ter máis votos, iso é o principal. Un problema de cultura política: pura teoría de elites; esquecen que o educador debe ser educado, segundo a terceira tese Feuerbach de Marx.
A chamada transición política recorrendo ao léxico Gramsciano supuxo un episodio de trasformismo ou unha especie de revolución pasiva?
Ambas as cousas van integradas na reflexión gramsciana, e ademais, ambas se deron. Revolución pasiva, na medida en que o réxime asume e dá solución, desde os seus presupostos políticos, a determinadas demandas populares, e desactívaas. Transformismo na medida en que coopta as masas de cadros políticos da oposición, dálles xogo e posibilita o seu futuro persoal como grupo social cun lugar ao sol, e isto transfórmaos moralmente. Por último satanízase, ridiculízase, excomúlgase os grupos que non aceptan ese ascenso.
Porque os procesos de mobilización e loita que hai son sectoriais, non coordinados. Saen ao paso de problemas perentorios da xente. Pero non se converxe en plataformas organizativas -político organizativas- comúns, confederadas. O seu arraigamento territorial é débil, etc. As forzas políticas e sindicais que deberían asumir esta tarefa, aquelas cuxa tarefa debería ser esta, precisamente, viviron e viven de costas a este traballo lento.
Seguindo tamén a famosa sentenza de Gramsci, de que o novo non acaba de nacer e o vello non acaba de morrer, por que se prolonga tanto o parto?
É un problema de cultura que bloquea o proceso de nacemento do novo. Para restrinxirnos á esquerda -o problema cultural inclúe tamén á cultura das clases subalternas-, estamos ante unha esquerda que asumiu o modelo cultural do capitalismo dos trinta gloriosos como o propio. Que asume como modelo de acción política a representación ante as institucións, no canto da tarefa de axudar á organización política da xente. Que entende a política como xestión, non como creación organizativa e cultural dun novo suxeito. É a á esquerda da civilización capitalista do consumo, un mundo que perece e non volverá ser porque xa non existe a correlación política internacional no que se baseou. Esa esquerda non cambia e bloquea a loita de ideas en favor do cambio de cultura e a autoorganización de masas.
En primeiro lugar porque desmontou os escasos instrumentos de control soberano sobre as economías que estaban arraigados nos estados: soberanía monetaria, control de importacións -sen o que nada de raro ten que non haxa industrias, nin postos de traballo-, non hai instrumentos de xeración e apoio á industria, créditos á produción etc. En segundo lugar porque Europa é o nome da ideoloxía segundo a cal nós somos distintos ao resto do mundo, aquí non hai currantes, estamos no mellor dos mundos posibles, Disneylandia, e iso da loita de clases é unha cousa antiga. Europa é o nome dunha ideoloxía tóxica, o nome do soño da razón.
O mito de Europa como imaxinario modernizador realmente foi tan nefasto?
Radicalmente nefasto. É o mito de que estamos ás portas do paraíso, de que o paraíso é o mundo da despolitización, do desinterese polo funcionamento da sociedade. É o mito de que a política debe ser deixada en mans dos que saben, e que a felicidade consiste en imitar o consumo das clases dominantes. De que iso de esquerdas e dereitas e da loita de clases, é algo do pasado. Este mito é pura fantasía, como se pode observar, e experimentar en propia carne.
Esta é unha simple crise económica do capitalismo ou unha crise de civilización?
Existe unha crise económica. Ademais vivimos unha crise consecuencia do afundimento da correlación de forzas sociais e políticas que emerxe de 1945, e que consiste en que o capitalismo se lanza á ofensiva sen bridas para destruír o modo de vida e a civilización que coñecemos, e, máis aló, para liquidar a tradición cultural e de dereitos que é legado da Revolución Francesa. Este é o principal factor que empuxa o desmantelamento das nosas sociedades. Atopámonos, ademais, ante a encrucillada dun cambio de civilización debida ao final dos recursos baratos de hidrocarburos, e aos límites do planeta. Estamos ante unha crise verdadeira de civilización, como suxire moi ben a pregunta.
Podemos sinalar dous elementos. En primeiro lugar a hexemonía do pensamento liberal e positivista que arraiga no pensamento de esquerdas durante o século XlX. A liberación humana deixa de ser considerada como obra da auto emancipación dos oprimidos operada mediante a súa propia praxe, para ser considerada obra ou consecuencia do saber intelectual, inspirado na ciencia, posuído por grupos de intelectuais que deben guiar e educar os subalternos nas súas loitas etc. A segunda é a correlación de forzas que xorde da segunda guerra mundial, e o pacto subseguinte: un estado social de benestar a cambio de aceptar a desmobilización dos subalternos como suxeito organizado e autónomo, e a democracia de representación institucional e delegación da actividade política nos técnicos xestores.
Se non temos soberano, é dicir, un "pobo de esquerdas" autoorganizado, como podemos marcar como horizonte estratéxico un proceso constituínte?
Non podemos. Unha constitución escrita non é senón a consecuencia dunha correlación real de forzas. Se os subalternos, se os explotados non existimos como forza, como poder, isto é, como capacidade de control sobre o facer, sobre as nosas vidas, sobre a sociedade, capacidade x de control, pouca, por exemplo a que tiñan os subalternos na Europa do sesenta; se non existe ese poder mínimo, non existe mínima capacidade de protagonizar nin de influír nun proceso constituínte. Os nosos representantes eventuais non teñen poderes reais que facer valer.
Porque consideramos que a tarefa fundamental é a constitución das clases subalternas nun suxeito activo, organizado, capaz de crear nova cultura de vida e de impor o seu poder na escena social e política. Nun verdadeiro poder Soberano. Esa é a tarefa fundamental á que debería dedicarse a esquerda. En cambio esta proponse a si mesma como a forza que media entre o suxeito social subalterno -inexistente porque non está organizado- e as institucións. Dedícase a pretender xestionar e administrar en nome de alguén inexistente e por tanto a partir dun poder nulo, os recursos do estado.
Que lles diriades aos que digan que o voso libro pode desmobilizar polo seu pesimismo e con iso atrasar a pronta chegada do tempo das cereixas?
Que non haberá futuro que non creemos os subalternos mediante nosa propia organización, loita e actividade. Que mirar de fronte a realidade, que é o que propomos co noso texto, é condición indispensable para lograr un cambio. E que o malo é a noticia: que os subalternos non existimos como suxeito. Non o mensaxeiro: nós os dous que a enunciamos.
Porque si hai solucións, si hai alternativas. E estas dependen de todos nós, das individualidades das clases explotadas. E dependen de que nos organicemos, de que deixemos de crer en solucións máxicas, en futuros de ilusión, estilo anuncios de Pronovias. O único futuro humano será o que nós logremos crear coa nosa praxe colectiva. E isto é o que propón o libro: deixar de confiar nas habilidades máxicas dos sabios, e pornos en acción como suxeito soberano
[*] Joaquín Miras Albarrán, (1953) Comunista marxista. Ldo. en Filología. Profesor de IES. A súa concepción do marxismo inspírase nos autores marxistas que consideran esta tradición como unha praxeología ou filosofar sobre a actividade, isto é como un saber segundo que reflexiona sobre a actividade desenvolvida: Gramsci, Lukacs, Arthur Rosenberg, Thompson, Pasolini?. Na liña dos autores desta corrente trata de explicar a realidade social humana como unha totalidade cultural, en sentido antropológico, só mediatamente condicionada polas relacións económicas. traballou na restitución do pensamento político res publicano á reflexión marxista dado que as correntes máis economicistas e obxetivistas do marxismo, moi influintes, desnaturalizaran desta tradición esta reflexión que con todo atopábase na orixe da mesma.
[**] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Publicado en Praza Pública.
Enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
1 de maio de 2013 23:16
__________________

"A esquerda, novamente, e do mesmo xeito que no 78, no canto de tratar de traballar pacientemente para facer posible que a xente se autoorganice, actúe e faga a súa experiencia, substitúe a acción protagonista da xente, e postúlase ela mesma como a solución"
Por que o título de A esquerda como problema?
Porque a esquerda, novamente, e do mesmo xeito que no 78, no canto de tratar de traballar pacientemente para facer posible que a xente se autoorganice, actúe e faga a súa experiencia, substitúe a acción protagonista da xente, e postúlase ela mesma como a solución. En consecuencia, cada grupo político considera que chegar “o primeiro”, vender as súas ideas, con independencia de que haxa forza de masas para impolas, ter máis votos, iso é o principal. Un problema de cultura política: pura teoría de elites; esquecen que o educador debe ser educado, segundo a terceira tese Feuerbach de Marx.
A chamada transición política recorrendo ao léxico Gramsciano supuxo un episodio de trasformismo ou unha especie de revolución pasiva?
Ambas as cousas van integradas na reflexión gramsciana, e ademais, ambas se deron. Revolución pasiva, na medida en que o réxime asume e dá solución, desde os seus presupostos políticos, a determinadas demandas populares, e desactívaas. Transformismo na medida en que coopta as masas de cadros políticos da oposición, dálles xogo e posibilita o seu futuro persoal como grupo social cun lugar ao sol, e isto transfórmaos moralmente. Por último satanízase, ridiculízase, excomúlgase os grupos que non aceptan ese ascenso.
"Os procesos de mobilización e loita que hai son sectoriais, non coordinados. Saen ao paso de problemas perentorios da xente. Pero non se converxe en plataformas organizativas -político organizativas- comúns, confederadas"Por que nestes momentos, como falades no libro, o nivel de mobilización non superou aínda a fase económico-corporativa?
Porque os procesos de mobilización e loita que hai son sectoriais, non coordinados. Saen ao paso de problemas perentorios da xente. Pero non se converxe en plataformas organizativas -político organizativas- comúns, confederadas. O seu arraigamento territorial é débil, etc. As forzas políticas e sindicais que deberían asumir esta tarefa, aquelas cuxa tarefa debería ser esta, precisamente, viviron e viven de costas a este traballo lento.
Seguindo tamén a famosa sentenza de Gramsci, de que o novo non acaba de nacer e o vello non acaba de morrer, por que se prolonga tanto o parto?
É un problema de cultura que bloquea o proceso de nacemento do novo. Para restrinxirnos á esquerda -o problema cultural inclúe tamén á cultura das clases subalternas-, estamos ante unha esquerda que asumiu o modelo cultural do capitalismo dos trinta gloriosos como o propio. Que asume como modelo de acción política a representación ante as institucións, no canto da tarefa de axudar á organización política da xente. Que entende a política como xestión, non como creación organizativa e cultural dun novo suxeito. É a á esquerda da civilización capitalista do consumo, un mundo que perece e non volverá ser porque xa non existe a correlación política internacional no que se baseou. Esa esquerda non cambia e bloquea a loita de ideas en favor do cambio de cultura e a autoorganización de masas.
"Europa é o nome da ideoloxía segundo a cal nós somos distintos ao resto do mundo, aquí non hai currantes, estamos no mellor dos mundos posibles"Por que considerades fundamental para a actual derrota da esquerda a chamada construción de Europa, co Euro como bandeira?
En primeiro lugar porque desmontou os escasos instrumentos de control soberano sobre as economías que estaban arraigados nos estados: soberanía monetaria, control de importacións -sen o que nada de raro ten que non haxa industrias, nin postos de traballo-, non hai instrumentos de xeración e apoio á industria, créditos á produción etc. En segundo lugar porque Europa é o nome da ideoloxía segundo a cal nós somos distintos ao resto do mundo, aquí non hai currantes, estamos no mellor dos mundos posibles, Disneylandia, e iso da loita de clases é unha cousa antiga. Europa é o nome dunha ideoloxía tóxica, o nome do soño da razón.
O mito de Europa como imaxinario modernizador realmente foi tan nefasto?
Radicalmente nefasto. É o mito de que estamos ás portas do paraíso, de que o paraíso é o mundo da despolitización, do desinterese polo funcionamento da sociedade. É o mito de que a política debe ser deixada en mans dos que saben, e que a felicidade consiste en imitar o consumo das clases dominantes. De que iso de esquerdas e dereitas e da loita de clases, é algo do pasado. Este mito é pura fantasía, como se pode observar, e experimentar en propia carne.
Esta é unha simple crise económica do capitalismo ou unha crise de civilización?
Existe unha crise económica. Ademais vivimos unha crise consecuencia do afundimento da correlación de forzas sociais e políticas que emerxe de 1945, e que consiste en que o capitalismo se lanza á ofensiva sen bridas para destruír o modo de vida e a civilización que coñecemos, e, máis aló, para liquidar a tradición cultural e de dereitos que é legado da Revolución Francesa. Este é o principal factor que empuxa o desmantelamento das nosas sociedades. Atopámonos, ademais, ante a encrucillada dun cambio de civilización debida ao final dos recursos baratos de hidrocarburos, e aos límites do planeta. Estamos ante unha crise verdadeira de civilización, como suxire moi ben a pregunta.
"Se non existe un poder mínimo, non existe mínima capacidade de protagonizar nin de influír nun proceso constituínte. Os nosos representantes eventuais non teñen poderes reais que facer valer"Por que está tan presa a esquerda da cultura de elites tan debedora do liberalismo clásico?
Podemos sinalar dous elementos. En primeiro lugar a hexemonía do pensamento liberal e positivista que arraiga no pensamento de esquerdas durante o século XlX. A liberación humana deixa de ser considerada como obra da auto emancipación dos oprimidos operada mediante a súa propia praxe, para ser considerada obra ou consecuencia do saber intelectual, inspirado na ciencia, posuído por grupos de intelectuais que deben guiar e educar os subalternos nas súas loitas etc. A segunda é a correlación de forzas que xorde da segunda guerra mundial, e o pacto subseguinte: un estado social de benestar a cambio de aceptar a desmobilización dos subalternos como suxeito organizado e autónomo, e a democracia de representación institucional e delegación da actividade política nos técnicos xestores.
Se non temos soberano, é dicir, un "pobo de esquerdas" autoorganizado, como podemos marcar como horizonte estratéxico un proceso constituínte?
Non podemos. Unha constitución escrita non é senón a consecuencia dunha correlación real de forzas. Se os subalternos, se os explotados non existimos como forza, como poder, isto é, como capacidade de control sobre o facer, sobre as nosas vidas, sobre a sociedade, capacidade x de control, pouca, por exemplo a que tiñan os subalternos na Europa do sesenta; se non existe ese poder mínimo, non existe mínima capacidade de protagonizar nin de influír nun proceso constituínte. Os nosos representantes eventuais non teñen poderes reais que facer valer.
"A tarefa fundamental é a constitución das clases subalternas nun suxeito activo, organizado, capaz de crear nova cultura de vida e de impor o seu poder na escena social e política. Nun verdadeiro poder Soberano"Por que insistides tanto na importancia da praxe e criticades tanto o institucionalismo de certa esquerda?
Porque consideramos que a tarefa fundamental é a constitución das clases subalternas nun suxeito activo, organizado, capaz de crear nova cultura de vida e de impor o seu poder na escena social e política. Nun verdadeiro poder Soberano. Esa é a tarefa fundamental á que debería dedicarse a esquerda. En cambio esta proponse a si mesma como a forza que media entre o suxeito social subalterno -inexistente porque non está organizado- e as institucións. Dedícase a pretender xestionar e administrar en nome de alguén inexistente e por tanto a partir dun poder nulo, os recursos do estado.
Que lles diriades aos que digan que o voso libro pode desmobilizar polo seu pesimismo e con iso atrasar a pronta chegada do tempo das cereixas?
Que non haberá futuro que non creemos os subalternos mediante nosa propia organización, loita e actividade. Que mirar de fronte a realidade, que é o que propomos co noso texto, é condición indispensable para lograr un cambio. E que o malo é a noticia: que os subalternos non existimos como suxeito. Non o mensaxeiro: nós os dous que a enunciamos.
"Non haberá futuro que non creemos os subalternos mediante nosa propia organización, loita e actividade. Que mirar de fronte a realidade, que é o que propomos co noso texto, é condición indispensable para lograr un cambio"Por último, por que animariades á xente a ler o voso libro?
Porque si hai solucións, si hai alternativas. E estas dependen de todos nós, das individualidades das clases explotadas. E dependen de que nos organicemos, de que deixemos de crer en solucións máxicas, en futuros de ilusión, estilo anuncios de Pronovias. O único futuro humano será o que nós logremos crear coa nosa praxe colectiva. E isto é o que propón o libro: deixar de confiar nas habilidades máxicas dos sabios, e pornos en acción como suxeito soberano
[*] Joaquín Miras Albarrán, (1953) Comunista marxista. Ldo. en Filología. Profesor de IES. A súa concepción do marxismo inspírase nos autores marxistas que consideran esta tradición como unha praxeología ou filosofar sobre a actividade, isto é como un saber segundo que reflexiona sobre a actividade desenvolvida: Gramsci, Lukacs, Arthur Rosenberg, Thompson, Pasolini?. Na liña dos autores desta corrente trata de explicar a realidade social humana como unha totalidade cultural, en sentido antropológico, só mediatamente condicionada polas relacións económicas. traballou na restitución do pensamento político res publicano á reflexión marxista dado que as correntes máis economicistas e obxetivistas do marxismo, moi influintes, desnaturalizaran desta tradición esta reflexión que con todo atopábase na orixe da mesma.
[**] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Publicado en Praza Pública.
Enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
1 de maio de 2013 23:16
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon