mércores, maio 08, 2013

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos

9 DE MAIO, EN TODO OS CENTROS DE ENSINO, FOLGA!

A folga é a ferramenta que temos @s traballadores para amosar a nosa forza.

Á folga do ensino do 9 de Maio cómpre ir masivamente para rexeitar o ataque dos gobernos da oligarquía contra os servizos públicos, que queren privatizar en aras dos beneficios dos grupos empresariais privados, convertendo á mocidade obreira e popular en man de obra barata e obrigando ás familias a endebedarse para poder custear aos seus fillos uns estudos básicos.

Decimos NON á LOMCE

porque

-pon á educación ao servizo da patronal

-financia á privada cos cartos públicos

-impón aos centros públicos criterios de xestión de empresas privadas

-promove a competitividade entre centros de ensino

-coloca unha carreira de obstáculos aos/ás estudantes con menos recursos

-empeora as condicións laborais dos traballadores do ensino e do persoal de servizos

A LOMCE afonda na liña das anteriores reformas educativas ditadas pola Unión Europea para mercantilizar o sistema educativo en todas as súas etapas.

@s comunistas non queremos a volta a etapas anteriores, á LOE ou á LOGSE: defendemos a educación pública como parte da nosa loita por un sistema educativo alleo á lòxica capitalista, ao servizo da clase obreira e do pobo traballador. Libre do dominio da oligarquía parasitaria e dos monopolios capitalistas.

Cómpre ligar a loita do sector educativo á loita do conxunto de traballadores do resto de sectores, tanto públicos como privados, para deter a agresión que estamos sufrindo e organizar a resposta obreira e popular confluindo nunha nova Folga Xeral que faga valer a unidade e a forza da clase obreira. Sen nós non se move nin unha engrenaxe do sistema capitalista


POR UNHA EDUCACIÓN AO SERVIZO DO POBO TRABALLADOR
TOD@S Á FOLGA DO 9 DE MAIO!
A por outra Folga Xeral!

www.pcpe.es
www.cjc.es

comunistasdagaliza@gmail.com

Enviado por:
Comunistas da Galiza P.C.P.E.
-comunistasdagaliza@gmail.com-
6 de maio de 2013 16:16

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon