mércores, maio 01, 2013

O desastre de Rana Plaza - Bangladesh: duras críticas ás marcas de roupa pola súa desapiadada indiferenza - 397 persoas mortas confirmadas


Bangladesh: duras críticas ás marcas de roupa pola súa desapiadada indiferenza

29 de abril de 2013: A CSI reaccionou con indignación á persistente negativa das marcas mundiais de pezas de vestir a inscribirse nun plan de seguridade no lugar de traballo apoiado polos sindicatos en Bangladesh.

A proposta de acordo foi elaborada por sindicatos e ONG que defenden os dereitos dos traballadores e as traballadoras e presentouse a empresas como Wal-Mart, GAP e en 2011. Cando se lles propuxo de novo tralo incendio da fábrica Tazreen, no que morreron 122 traballadores e traballadoras o pasado mes de novembro, as empresas tampouco concluíron un acordo, queixándose de que lles custaría demasiado e sería xuridicamente vinculante.

Sharan Burrow, Secretaria Xeral da CSI, sinalou: "Estas grandes empresas internacionais seguen mostrando unha desapiadada indiferenza cara á vida dos miles de homes e mulleres que traballan duramente para as súas contratistas e subcontratistas en Bangladesh. Nos meses transcorridos desde a traxedia de Tazreen houbo outras decenas de incendios máis deste tipo de fábricas, e agora son centos de traballadoras e traballadores os que morreron en Rana Praza a causa do derrubamento do edificio que se produciu esta semana. Cantos homes e mulleres máis terán que sacrificar a súa vida para que as empresas obteñan as súas ganancias antes de que os grandes empresarios do sector finalmente mostren interese?"

As multinacionais da confección sempre preferiron confiar en desacreditadas "auditorías" das fábricas financiadas polas propias empresas, as que a miúdo non son senón meros exercicios de relacións públicas. O 23 de abril, o informe "Responsability Outsourced", publicado pola central sindical estadounidense AFL-CIO, revelou o fracaso absoluto dos principais programas de auditoría social para protexer a vida dos traballadores e garantir normas tan básicas como a protección da saúde e da seguridade así como o dereito a afiliarse a un sindicato.

Nun dos peores exemplos, a fábrica de Ali Enterprises en Pakistán foi certificada por un dos principais grupos empresariais de responsabilidade social, a Social Accountability International, soamente semanas antes de que 300 traballadoras e traballadores morresen nun incendio en 2012.

"O Goberno de Bangladesh debe asumir a súa responsabilidade de protexer ás persoas contra a explotación, garantir lugares de traballo seguros e apoiar aos traballadores e as traballadoras que desexen afiliarse a un sindicato. Con todo, as presións comerciais das multinacionais que tratan permanentemente de reducir os costos, aforran no esencial e aceleran os tempos de produción tamén son responsables. Os traballadores non querían entrar no edificio Rana Praza esta semana, pero ao carecer de sindicato, os xefes das empresas puideron obrigalos a entrar nunha verdadeira trampa mortal", afirmou Sharan Burrow.

Amirul Haque Amin, Presidente da National Garment Workers Federation en Bangladesh, declarou sen ambaxes "Debe poñerse fin a esta negligencia. As mortes destes traballadores poderían haberse evitado si as corporacións multinacionais, os gobernos e os propietarios da fábrica tomásense en serio a protección dos traballadores".

As últimas cifras sobre o desastre de Rana Plaza a disposición da CSI para o 26 de abril arroxan:
  • 397 persoas mortas confirmadas
  • 2.044 persoas rescatadas, máis de 1.000 delas feridas
  • 1.000 persoas en paradeiro descoñecido, ou aínda atrapadas dentro dos restos de formigón.

Véxase tamén:
_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon