mércores, maio 01, 2013

Unha noticia de última hora, afirma que PEMEX, pretende salvar os impedimentos legais, para a construción dos floteles en Galicia, comprando Barreras


Segundo unha noticia publicada esta madrugada na edición dixital internacional de 'El Pais',  a petroleira mexicana PEMEX, está a piques de quedarse co 51% das accións do estaleiro galego Hijos de J. Barreras de Vigo, a maior factoría naval de capital galego.

Segundo outras fontes que consultamos desde Ártabra 21, o área de Comunicación Social de Pemex confirmaron a axencias de prensa que, no consello de administración da compañía mexicana celebrado o pasado luns, 29 de Abril de 2013, analizouse a "posibilidade" de asinar unha carta de intención para "obter a maioría de accións". Nos próximos días saberá-se o certo destas noticias.

De confirmar-se, estás noticias, Navantia tería que participar nun concurso público, para poder acceder á construción dalgún dos floteles que Barreras no puidera construír nas súas gradas (... ?).

Con esta manobra a macroempresa petroleira mexicana, xa non tería que licitar nun concurso público a construción dos floteles (hoteles flotantes de apoio ás plataformas de prospección petrolíferas), dado que sería unha das súas factorías as que construirían os buques, ademais podería-se facer con tecnoloxía avanzada propia de Barreras (os estaleiros vigueses levan construido máis de 1.500 buques de todo tipo e teñen tecnoloxía para a construción de ferries, Ro-Ro e offshore), para os estaleiros mexicanos, hoxe en declive. A compra de PEMEX vai ser moi barata, pois o estaleiro da Ría de Vigo, está parado e pasando por momentos de crise, hai pouco que saíu dun proceso concursal ao aplicarse-lle unha importante quita, aplazar-se o resto da débeda e ampliarse o capital, mais  con varios dos seus directivos imputados por falsificación contábel.

Está previsto para o Luns 5 de maio,que ven que haxa unha xunta xeral de accionista para tomar decisións ao respecto.

Acceder á noticia no xornal dixital na edición internacional para America Latina, desde México, por a 01.05. 2013 - 03:00 CET:
http://internacional.elpais.com/internacional/2013/05/01/actualidad/1367370044_111577.html


____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon