Este martes, 25 de xuño de 2013, a asociación Fuco Buxan presenta o libro "O meu testamento político" de Santiago Carrillo e inaugura unha biblioteca que levará o nome do destacado político que finou o pasado ano.
A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades:
Ás 18 hs, no noso Local Social "Tino Deibe" (Rúa Armada Española, 32 baixo, Caranza).
Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “Santiago Carrillo”.
Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute.
Ás 20 hs, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).
Presentación do libro “Mi testamento político” o último publicado por Santiago.
En ambos actos, abertos ao público, estará presente o seu fillo maior: Santiago Carrillo Menéndez.
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es
Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
24 de junho de 2013 10:47
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon