Por Amadeo Varela Rodríguez [*]
16.07.2013
A proposición non de lei presentada no Parlamento Galego por AGE, volve poñer de actualidade o tema de Reganosa, mais parece que é necesario concienciar á cidadanía en xeral, dos múltiples aspectos negativos que presenta Reganosa dentro da ría, pois semella que aínda hai quen non ten as ideas claras neste asunto. Porque non se trata simplemente dun si ou non, senón, dun “aí si” ou “aí non”.
A cuestión é que, se hai un grave perigo latente; se hai un grave prexuízo da fauna e a flora da ría, polo arrefriamento e esterilización das súas augas; se hai un grave impacto ambiental e paisaxístico, entre outras cuestións, queda claro que o emprazamento non é o adecuado. E insistir no contrario é querer xustificar o inxustificable.
Coido que manter esa loita para sacar a Reganosa de aí, fose quen fose quen a puxo, non é volver a o pasado, senón loitar por un futuro para os nosos fillos e os nosos netos, sen a ameaza permanente que esa localización supón.
Publicado no Diario de Ferrol | 15.07.2013.
[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xullo 16, 2013
Claridade, ... Por Amadeo Varela
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xullo 16, 2013
Artigos relacionados
- Grupos ecoloxistas mostran a súa oposición a un novo proxecto de biogás de Reganosa✔ Amig
- O H2Med protagonizará o cume hispano-francesa a pesar da súa dubidosa viabilidadeO proxec
- O pasado domingo 13 de xuño, o buque gaseiro "Yakov Gakkel", descargaba as miles d
- Por Amadeo Varela Rodríguez [*]08.12.2013 A que lle puxo Reganosa aos seus enormes ta
- Por Amadeo Varela [*] 07.06.2011 Entre nós, paréceme que a palabra cabreo define moito m
- Ofrendas florais en Parque Carmelo TeixeiroO 15º aniversario do pasamento de Carmelo Teix
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon