Todas e todos temos dereito a unha vivenda digna e adecuada, non pode
ser que por falta de recursos económicos, as persoas podamos quedar sen
un teito onde poder vivir. En Arteixo hai mais de 2000 vivendas
baleiras. Os poderes públicos teñen que artellar solucións. Non pode ser
que haxa persoas sen poder acceder a unha vivenda, e pola contra haxa
miles de vivendas baleiras. No manifesto das PAHs esixe-se a
reconversión do parque hipotecario nun parque público de aluguer social.
O dereito á vivenda é un dereito humano fundamental. Pola importancia
da noticia transcribimos-la a continuación.
Un home intenta suicidarse cando ía ser desafiuzado do seu piso en Arteixo.
Disparouse na cabeza cando a comisión xudicial e a procuradora ían efectuar o desaloxo da vivenda de aluguer - Foi denunciado por deber oito meses de renda.
O veciño, de 62 anos, permanece ingresado no hospital da Coruña en estado moi grave
Un veciño de Arteixo disparouse onte un tiro na cabeza cando ía ser desafiuzado do piso no que residía en réxime de aluguer. O home, Xullo M.E., de 62 anos, permanece ingresado no Centro Hospitalario Universitario da Coruña en estado "moi grave", segundo informaron desde o centro médico.
Os feitos sucederon pasadas as 11.30 horas de onte no número tres da Rúa Ángel López del Castillo, onde acudira a comitiva xudicial, un procurador e un cerralleiro para proceder ao desafiuzamento da vivenda polo non pago, segundo puido saber este xornal, de oito meses de aluguer. Xullo M.E. solicitou-lles máis tempo para poder levarse os mobles do piso e, tras ser-lle denegado este adiamento, desculpou-se un momento, meteuse nunha habitación e disparou-se na cabeza cun "arma curta", segundo informa a Garda Civil, que iniciou unha investigación sobre o suceso.
Até o lugar desprazaron-se dúas patrullas da Policía Local de Arteixo, a Garda Civil, unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, na que o home foi traslado ao hospital da Coruña, onde, ao peche desta edición, permanecía ingresado na Unidade de Coidados Intensivos debido á ferida de bala que presenta na cabeza.
Non era a primeira vez que a comitiva xudicial acudía ao dúplex que habitaba Julio M.E. para desafiúza-lo. O pasado 8 de xullo, a comitiva, formada por un xestor e un funcionario do corpo de auxilio, tamén acudiu á vivenda acompañada do procurador que representa aos propietarios do inmóbel. Pero nesa ocasión suspendeu-se o desaloxo a petición do inquilino, que solicitou uns días para baleirar a vivenda. Os propietarios accederon a esta petición e concederon-lle tres días máis, aínda que non foi até onte pola mañá cando a comitiva xudicial regresou ao terceiro piso do número 3 Rúa Ángel López del Castillo. Julio M.E. recibiu-lles en pixama. Minutos despois, tras comunicar-lle que esta vez non habería o adiamento que el reclamaba, pegou-se un tiro na cabeza.
O suceso provocou unha grande conmoción na zona. O home non era unha persoa coñecida no municipio onde, segundo fontes consultadas, reside desde o ano 2011. "Ninguén se dá conta de quen é, non debe de facer moita vida en Arteixo", comentaba un grupo de veciños tras coñecer o tráxico suceso. Outro dos veciños, que reside no edificio contiguo, viu desde a súa fiestra como a ambulancia se levaba a un home "intubado e controlando os seus constantes vitais". "Non teño nin idea de quen é", asegura. Ningún dos inquilinos do número 3 Rúa Ángel López del Castillo quixo realizar declaracións sobre o acontecido minutos antes no terceiro esquerda. Segundo algunhas fontes, Julio M.E. vive só neste inmóbel, situado nunha céntrica rúa do municipio.
Segundo sosteñen desde o Concello de Arteixo, o home non se puxo en contacto con Servizos Sociais para pedir axuda e acceder ás prestacións dispoñíbeis.
O home foi denunciado polo non pago do aluguer polos propietarios do piso. Presentou alegacións e celebrou-se o xuízo, no que o xuíz decretou o desafiuzamento e se fixou o pasado 8 de xullo como a data para proceder ao despexo. O BNG de Arteixo lamenta este "tráxico suceso" e reclama "unha vez máis" ao Goberno local maior implicación para que este tipo de situacións "non se repitan".
Noticia publicada en "La Opinión de A Coruña", por Viviana Burón / Tania Suárez | Arteixo | 18.07.2013
Fonte: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
____________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon