A nosa loita comeza a dar os seus froitos. Mais temos que ter claro que vivenda que quede baleira en Recimil, ten que ser rehabilitada, adxudicada e entregada, como así consta no Regulamento e é de xustiza.
O pasado Luns 26 de Agosto, membros da Xunta de Goberno Local, coa presencia do Alcalde, realizaron unha rolda de prensa no Pazo Municipal, onde deron conta dunha serie de asuntos relacionados coa súa xestión, sendo o tema principal o relacionado coas vivendas protexidas de Recimil. O goberno municipal accedeu ao cambio nos orzamentos municipais e decideu liberar 451.818,94 euros, para acometer as reformas necesarias nas vivendas baleiras de Recimil, para poder entregar 28 delas antes de rematar Setembro. Polo seu interese reproducimos a nova que publica o propio Concello de Ferrol na súa web oficial. Non todos os obxectivos que nos marcamos están cumpridos, mais este é un paso moi importante.
O Concello de Ferrol aproba o proxecto de adecuación de 28 vivendas do barrio de RecimilEnlaces relacionados na prensa local:
O goberno de Rey Varela da así un paso máis no compromiso para adxudicar 30 inmobles entre as familias incluídas no listado antes de que remate o mes de setembro.
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou o luns día 26 a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, de tres importantes proxectos urbanísticos. O primeiro edil da cidade estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia Pérez; a portavoz do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro.
Así as cousas, o Executivo local deu luz verde o luns 26 ao proxecto para a “Adecuación de vivendas de Recimil para disposición da Concellería de Benestar Social”. As actuacións comprenden traballos de acondicionamento en 28 vivendas e conta cun orzamento estimado de execución de 451.818,94 euros (co 21% de IVE incluído). “Unha cantidade superior á prevista inicialmente que garantirá cumprir co compromiso asumido polo Goberno de adxudicar 30 vivendas antes do mes de setembro” engadiu o rexedor municipal.
Máis polo miúdo, o primeiro edil da cidade explicaba que as intervencións que se acometerán nas vivendas de Recimil consisten na renovación ou reparación dos acabados de solado, paredes e teitos co mantemento da tabiquería existente; reparación ou substitución das carpinterías interiores de madeira; substitución das carpinterías exteriores deterioradas; e a renovación das instalacións de electricidade, fontanería, ACS e saneamento que se atopen en mal estado. Segundo informou o alcalde ferrolán, as obras de adecuación das vivendas de Recimil iniciaranse nos próximos días e as adxudicacións serán realizadas antes da finalización dos traballos.
Martes, 27 de agosto de 2013
O Concello de Ferrol empezará «en días» o arranxo de trinta pisos de Recimil | O goberno local aprobou onte un investimento duns 451.000 euros | Antía Urgorri
27.08.2013 [Acceder á Nova]
O Concello investirá 450.000 euros en reparar 28 vivendas do barrio de Recimil
Redacción Ferrol | 27.08. 2013 [Acceder á Nova]
O Concello arranxará de forma simultánea 28 pisos en Recimil | Pretende garantir o seu adjudicación en setembro e evitar aos okupas | Por Rocío Pita Parada |Ferrol
25.08.2013 [Acceder á Nova]
O Valedor investigou demóraa na entrega dos pisos de Recimil | Decidiu concluír os seus pesquisas ao argumentar o Concello que están en obras | Rocío Pita Parada
10.08. 2013 [Acceder á Nova]
NOTA.-
ESTE XOVES 29 DE AGOSTO DE 2013, ÁS 5 DA TARDE ESTÁ CONVOCADA NOVA ASEMBLEA DE STOP-DESAFIUZAMENTOS EN CARANZA [+INFO]
Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-
||||||||||||||||
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de agosto de 2013 11:24
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon