xoves, agosto 15, 2013

O "LNG Rivers" ten pensado arribar a Ferrol, este Sábado 17 de Agosto, con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa - O Comité Cidadán, diante deste feito, convoca unha nova acción de denuncia e protesta

Tags

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
BARRIO DE FERROL VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 17 DE AGOSTO

O "LNG Rivers", un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288 metros de eslora por 48,20 de manga e de moito calado 12,30 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 17 de Agosto de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 151, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde, a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol, no barrio de Ferrol Vello.

[O "LNG Rivers" con dificultades para manter a maniobra
-2 de Xullo de 2008-
Para ampliar clicar acima da imaxe
]

Este mesmo buque, o "LNG Rivers", tivera un incidente de moita importancia o 2 de xullo de 2008, pasadas ás 4 da tarde o buque, de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas, por mor das malas condicións metereolóxicas, para entrar na Ría de Ferrol,  [+ info].

Máis unha vez, denunciamos a irresponsabilidade que significa a entrada dun buque destas características, cargado con miles de toneladas de GNL, para descargar no pantalán de Reganosa, por máis de 24 horas, poñendo en perigo a miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol.

Non deixaremos de protestar e denunciar o despropósito gasístico que representa Reganosa, metres esta planta regasificadora, encostada ao complexo petro-químico conformado por Forestal del Atántico, SA e IMEGASA, complexo que almacena miles de toneladas [280.000 m3] de productos moi tóxicos [residuos MARPOL, fueloleos, colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol] e explota unha central que queima fueloleos, de coxeneración de electricidade -25 Mw- e vapor de auga, sega sen ser desmantelada.

Características do buque:
Nome:  LNG Rivers - Bandeira: Bermudas - Eslora: 288 m - Manga: 48.2 m - Calado: 12.30 m - Puntal: 62.75 m - Capacidade: 137.231 m³.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de agosto de 2013 12:09
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon