“O QUE ANTES ERA UNHA SITUACIÓN SINGULAR DE XIBRALTAR AGORA VAI CAMIÑO DE XERALIZARSE. A DESCENTRALIZACIÓN E COMPETENCIA ENTRE PORTOS É UN DESASTRE” AFIRMA SUSO BASTERRECHEA.
O liberalismo é así. Sostén un modo de producción realmente eficiente para o obxectivo final marcado: acumulación de capital mediante concurrencia competitiva. O que, en definitiva, significa que todo ten que ser rentable e a rentabilidade é a máxima; a lei debe permitir que actuemos consonte a máxima. Mesmo se para iso as máis das veces cómpre facer dos espazos naturais mercancías e acabar por converter un parque natural en temático, retellar a cidade da cultura a base de que desaparezan montes enteiros (mentras se pechan fábricas de pedra artificial) ou, no caso que agora nos ocupa, facer avanzar paseniña pero inexorablemente a idea, xa iniciada hai unha década, de transformar unha ría e mesmo o ártabro golfo enteiro nun inmenso porto industrial. Xa non é que se aloxe no espazo natural apropiado o porto senón que, Reganosa aquí e recheo alá, o espazo é en si mesmo o porto. Todo pola competitividade interportuaria que é a máxima resultante da privatización, tantas veces alabada, e da que se nos esquecen as consecuencias non desexadas. Todo porque se admite como norma regulativa a xestión privada dos portos. Todo iso pertence ao liberalismo que ten dono e está moi ben consensuado.
Para Esquerda Unida a única maneira consecuente de parar o despropósito do avituallamento de combustible en buques fondeados consiste en facer imposible- legalmente imposible- que unha Autoridade Portuaria, por moita autoridade que sexa, poida poñer como obxectivo para a captación de tráficos o favorecemento dos prezos de combustible... a calquera prezo. Teñen razón os que dende as confraría de pescadores advirten que medidas así poden matar a ría. O problema é que é perfectamente legal polo que non chega só con pedir a retificación da medida da autoridade portuaria e reclamar ás autoridade locais que velen polo interés xeral, a preservación do medio e demais. Hai que esixir, ademáis do anterior, a paralización do proceso de privatización dos portos indicando claramente que de non facerse o que hoxe observamos e caracterizamos como un erro das nosas autoridade portuarias será norma xeral no futuro para todas as autoridades e todos os portos, obrigados, aquí como en todas partes, a facer mover incesantemente a roda.
Grupo Municipal de Esquerda Unida
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
15 de agosto de 2013 19:46
Ferrol Esquerda Unida
Date: 2013/8/8
Bos días. Adxuntamos a nota de prensa do grupo municipal sobre a nova normativa da Autoridade Portuaria, enviada aos medios no seu momento, e que fixa a posición do grupo diante da normativa que permite e alenta a práctica do avituallamento e repostaxe de fuel en buques fondeados. Grazas. Saúdos, grupo municipal de Esquera Unida- Ferrol
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon