A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA, EN FERROL, POLO ASASINATO, POR VIOLENCIA MACHISTA, DE MARIA FÁTIMA MACHADO SANTOS.
Fatima, de 52 anos, cunha orde de afastamento dende o pasado mes de agosto, foi asasinada en Verín, pola súa exparella. Con ela sumamos outra muller máis, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
O VINDEIRO LUNS 16 DE SETEMBRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL
--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA"
Que é a Marcha ?

Enlaces de interese:
Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
15 de setembro de 2013 12:41
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon