Ría de Ferrol |
EQUO-Galicia denuncia a tardanza e falta de consenso na redacción do informe final sobre o estado das Rías de Vigo, O Burgo e Ferrol que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ten pendente, trala petición de varias entidades ecoloxistas e plataformas galegas ante a degradación das rías e falta de saneamento destas augas.
Lembramos que o pasado 12 e 13 de Febreiro, durante a visita oficial desta Comisión de Peticións foi informada por distintas asociacións e grupos de cidadáns, que presentaron estas denuncias en Bruxelas, como a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo, a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, as confrarías de pescadores e mariscadores de Ferrol, Barallobre, A Coruña, ou o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Esta delegación parlamentaria estaba composta polo eurodeputado conservador francés do PPE, Philippe Boulland, a austriaca do Grupo ALDE Angelika Werthmann, a letona do Grupo Verdes/EFA Tatjana Zdanoka. Acompañaron, ademais, os eurodeputados españois Francisco Millán Mon (PPE), Carlos Iturgaiz (PP), Antolín Sánchez Presedo(PSOE-PSdeG); a eurodiputada do BNG, Ana Miranda e Willy Meyer de IU.
Os eurodeputados desta comisión tiveron a oportunidade de comprobar o lamentable deterioro das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol, chegando a detectar sedimentos e lodos contaminantes de máis dun metro de espesor nas súas ribeiras, como así comentaba o Xefe da delegación e representante do PPE, Philippe Boulland aos membros do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol.
A Delegación visitou a Planta de Gas de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, nas inmediacións das vivendas da Vila de Mugardos, denunciada dende hai 13 anos polo Comité de Emerxencia por ser innecesaria, ilegal e perigosa. EQUO Galicia coincide co Comité en que esta Planta de gas é unha verdadeira aberración política por representar unha constante ameaza a poboación civil da comarca de Ferrolterra.
Consideramos que un retraso de seis meses na redacción do informe final e conclusións a presentar ante a Comisión Europea e as propias entidades galegas denunciantes e a falta de consenso da Comisión de Peticións, foi roto polo eurodiputado do PPE, Philippe Boulland, obedecendo a unha clara estratexia política coa intención de ocultar a falta de políticas medio ambientais do Partido Popular de Galicia e quedar cuestionados ante esta falta de dilixencia de ecoloxía política e aplicacións da normativa europea. pensamos que esta falta de consenso por parte do eurodeputado do PPE , Philippe Boulland
Non entendemos un pacto de excluír á Ría de Ferrol deste informe, como apunta o eurodeputado do PPE, Carlos Iturgaiz. Confiamos na eurodiputada do grupo VERDES, Tatjana Zdanoka que denuncia a degradación da Ría de Ferrol como un dos principais problemas a resolver. A eurodeputada liberal Angelika Werthmann defenderá tamén esta inclusión no informe final.
A pesar de transcorrer xa seis meses da visita a esta Rías, o informe está bloqueado polo que a presidenta da Comisión de Peticións da eurocámara, a eurodeputada popular italiana Erminia Mazzoni, propuxo aos servizos xurídicos da cámara varias propostas, votacións e amendas , estas foron rexeitadas.
Dende EQUO Galicia esperamos o desbloqueo e a presentación neste vindeiro mes de setembro dun Informe final fiel a situación real das Rías de Vigo, O Burgo e Ferrol, baixo o criterio medio ambiental que esixe a normativa europea.
Correo-e:
equogalicia@proyectoequo.org
Web:
http://equogalicia.proyectoequo.org/
Equo nas redes sociais:
Facebook EQUO Galicia
Twitter @EQUOGalicia
Google+ EQUO Galicia
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon