Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, ... está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós.
Telefonos: 981 57 00 99 | 616 238 050 (Ramsés).
Correo-e: ramses@adega.info
Web: http://limpeza.proxectorios.org
Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntari@s de 34 concellos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.
Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.
Xornadas limpeza ríos nas comarcas, próximo fin de semana.
Dentro do programa Proxecto Rios, vai realizarse en varios puntos de Galicia a próxima fin de semana, unha xornada de limpeza en varios concellos.
En concreto na nosa comarca, ademáis de facerse limpeza en San Sadurniño, Mañón, ... están as seguintes convocatorias:
Contactos adicionais:
- Ferrol | 28 de Setembro (sábado), ás 11:00hs, no Río Sardiña | Punto encontro: estacionamento campo futbol | Contacto: Nes - 649779774
- Fene | 29 de setembro (domingo), ás 10:00hs, no Río Cádavo. | Punto encontro: Concello Fene | Contacto: Andrés - 669829326
- Neda | 5 de Outubro (sábado), 16:00hs hs, na Ponte de Xubia |Contacto: María - 646156421
- Nés Lópes. Presidente de Adega-Ferrol | 649779774
- Xandro García. Secretario de Adega-Ferrol | 660859493
- Antonio García. (angaji@yahoo.com)
http://adega.info
Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
26 de setembro de 2013 16:34
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon