Este venres é moi probábel que chova en Ferrol, subirán as temperaturas mínimas e baixarán as máximas e o vento soprará do sul moderado, mais é unha previsión.
O que si é seguro é que “Rádio FilispiM vai … ao Ateneo Ferrolán”. O Colectivo Opaíí! mobilizará este venres 18 de outubro as súas hostes para oferecer a partir das 20:00 h. dende o salón de actos do Ateneo un programa especial de dúas horas que abre un novo ciclo, o “FilispiM vai…”.
Neste programa especial terán voz os protagonistas da senlleira entidade ferrolá. Falarese do pasado, presente e futuro do Ateneo, dos cursos e actividades que se están a levar a cabo ou forman parte consustancial da axenda ateneista, coma o certame de fotografía, a revista Atenea ou, mesmo, o Constantino Bellón. Ademáis, conversarase coas personas que dan vida as súas instalacións.
Por si todo isto fór pouco, durante o programa especial o autor ferrolá Rubén Artabe interpretará as súas cancións e o programa será gravado e retransmitido en directo ao través do 93.9 FM para toda a comarca e vía streaming para todo o mundo. O Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán convidan a todo o mundo a disfrutar do programa especial, en directo, coma público.
O ciclo “Rádio FilispiM vai…” terá continuidade noutros colectivos, asociacións e locais da nosa comarca nos vindeiros meses…
Haberá que ir… Esperámoste como público!!

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon