sábado, outubro 12, 2013

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia e protesta ante a entrada do gaseiro 155, cargado con gas natural licuado (LNG/GNL), para a ilegal e perigosa Reganosa

Tags


Por un estreito, de pouco calado e sinuoso canle da Ría de Ferrol, entraba o LNG 'Ribera del Duero Knutsen', atracando no pantalán de Reganosa, axudado por catro remolcadores e os prácticos do Porto, logo dunha custosa e perigosa manobra dun buque de máis de 290 metros de eslora e 45,8 de manga, cargado con ducias de miles de toneladas de gas natural licuado (GNL/LNG). A capacidade de 173.410 m³ do buque, é moi superior á permitida na normativa da Capitanía Marítima do 27 de Abril de 2007, que puña o límite en 140.000 m³ como máximo, aos gaseiros que podían entrar na Ría. Este enorme buque, é o 155, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Como sempre que entra un buque cargado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrou-se desta vez no peirao de Curuxeiras, co buque e a Planta de Gas no fondo. No transcurso da concentración interveu o compañeiro 'Lalán' (Manuel A. Rodríguez Carballeira) que situou o momento que estamos vivindo na defensa da nosa Ría e voltou denunciar a instalación de Reganosa no corazón da mesma.

A continuación presentamos o vídeo da intervención do compañeiro



http://youtu.be/sPPwY9Fti6c
 
Hai máis dun ano que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon