FEMINISMO EN OBRAS
05-10-2013 Centro de día “Manuela Pérez Sequeiros” NARON
O titulo destas xornadas feministas significa localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos, en definitiva traballar para seguir construíndo feminismo entre todas, abrir un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo camiño.
En primeiro lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.
En segundo lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das cidades dende unha perspectiva de xénero.
En terceiro lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados, dereitos reprodutivos.
E por último, mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro do feminismo.
PROGRAMA- Sábadao 5 de Outubro de 2013 - Narón
- 10,00h. Apertura e presentación das xornadas.
- 10,30h. Mesa “Ataques ao feminismo, retroceso ideolóxico” | Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure.
- 12,00h. Descanso media hora.
- 12,30h. Mesa “Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo” | Relatoras: Eva Solla, María Novas e Isabel Vilalba.
- 14,30h. Xantar.
- 16,30h. Mesa “Saúde e dereitos reprodutivos” | Relatoras: Lola Ferreiro e Natalia Domínguez Galán.
- 18,00h. Mesa “Feminismo en obras: alterativas e alianzas” | Relatoras: Carme Adán, Lidia Senra, Chus Boo e Paloma Rodriguez.
- 21,00h. Remate das xornadas.
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza
"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"
Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
Enlaces de interese:
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon