O pasado 24 de Setembro saía publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol' , unha nova onde a sociedade estatal de augas acuaEs (empresa principal para a construción da rede de saneamento) comentaba a eficacia dos mal chamados "tanques de tormentas":
"A sociedade estatal Acuaes destacou a 'efectividad' dos tanques de tormentas, uns depósitos subterráneos, explican, completamente estancos aos que chegan os novos colectores xerais e que recollen as augas contaminadas captadas polas redes de alcantarillado da cidade. 'Actualmente non se entende unha rede moderna de saneamiento urbano sen a construción deste tipo de tanques', aseguran desde o organismo. Nos momentos en que non chove ou o fai con pouca intensidade, explican, a auga que chega ao tanque bombéase ata o interceptor e de aí á EDAR, manténdoo baleiro. Si aumenta a intensidade das choivas as augas contaminadas acumúlanse no tanque e permanecen alí ata que pare de chover, momento en que o interceptor admite que se lle bombeen desde o tanque de tormentas. Deste xeito, evítase que un gran volume de augas contaminadas se verta ao medio sen necesidade de sobredimensionar os novos colectores.Desde o Grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento do proceso de construción do sistema de saneamento e depuración da ría de Ferrol, contestou-se-lles co seguinte comunicado:
No caso de que a duración ou intensidade das choivas sexa moi elevada e se exceda a capacidade de almacenamento do tanque, a auga sobordar por un vertedeiro cara ao medio receptor.
No caso dos tanques que se construirán en Ferrol e Narón, para reducir por completo o risco de proliferación de cheiros tanto no interior como no exterior dos mesmos, instalarase un sistema de ionización de aire do interior do edificio, para neutraliza-los".
En relación co artigo publicado en Diario de Ferrol o pasado martes día 24, onde se recolle unha información procedente de acuaEs achega do plano de saneamento que se está a desenvolver na zona norte da ría de Ferrol, desexaríamos facer unhas precisións sobre esta información debido a varias inexactitudes vertidas nesa información así como certas incongruencias atopadas na documentación do proxecto.
O sistema a utilizar, o de rede unitaria onde se mesturan as augas fecais coas pluviais. Este sistema non é nin moito menos mais vantaxoso ou moderno que o de redes separativas. Procedese así, porque a cidade non foi capaz de estender as redes separativas a pesar de exixir aos construtores e arquitectos, desde hai moitos anos, a separar as descargas de augas das vivendas en construción.
Aínda que é certo que os tanques de tempestades son novas infraestruturas a utilizar nas redes de saneamento, tanto en redes separativas como unitarias, tamén é certa que a súa dimensión deberá ser tal, que sexa capaz de almacenar temporalmente as augas pluviais de polo menos 20 minutos de chuvias torrenciais (máximas) para entón enviar á EDAR cando a súa capacidade o permita. O caso é, que a capacidade dos tanques que se prevé instalar no saneamento de Ferrol apenas teñen capacidade para recoller esas augas uns 3 minutos de, exceptuando o tanque de Cadaval que si cumpre para as hectáreas de terreo impermeábel contempladas no proxecto.
Non son nada coherentes os dados de partida e os estudos analizados sobre este modelo que se citan no proxecto. Se atendemos ao estudo levado a cabo pola Universidade de A Coruña sobre a contaminación bacteriana da ría observamos que para non excederse do limite máximo de bacterias entéricas (coliformes) se procedeu a un estudo en base a 6 escenarios mediante o programa infoWorks e que comentamos como segue:
a) Os 6 escenarios se fan en base a diferentes dimensións de tanques. Sorpréndenos que no modelo non se variasen de tamaño aqueles tanques con residuais mais contaminantes (área urbana de Ferrol) e ademais co agravante de que son zonas mais impermeábeis. b) as analistas estiman que para non sobrepasar ese límite máximo de coliformes son precisos 78.000 m3 de capacidade total. Sen embargo a capacidade total do proxecto apenas pasa de 20.000 m3.Rexeitamos a manipulación que se fai cando se informa que os vertidos van ao "medio" ou ao "receptor" cando realmente se debe dicir Á RÍA DE FERROL ou cando se informa que os tanques vanse ionizar para reducir ou eliminar os malos olores coa intención de convencer que a localización deste tipo de tanques nun parque público rodeado de vivendas é totalmente compatíbel aínda que sexa indesexábel.
b) O proxecto asigna uns 100 m3 de capacidade de tanque por hectárea neta (impermeábel) o que supón uns 150.000 m3 totais de retención tendo en conta que as Hectáreas totais son 1.500 segundo o proxecto.
c) Citouse nos medios que o número de días de vertidos se estima en 20. Non obstante e segundo o proxecto se poden apreciar até 350 vertidos totais e no gráfico (infoWorks) de vertidos de Cadaval e para 20.000 m3, o número de días de vertidos son uns 60. Ademais o tanque do Cadaval se dimensiona para 10.000 m3.
d) Sorpréndenos que o tanque "estrangulamento" de A Ra non dispoña de capacidade de almacenamento. Tampouco non nos semella críbel que estando o tanque case ao final do interceptor se estimen dous vertidos ao ano tendo unha previsión de recepción de fluxo de 14 m3/s e de impulsión só 5 m3/s, ademais dispoñendo de dous macro tubos de alivio de 1.800 mm de diámetro.
Como conclusión entendemos que se debe continuar coa construción do interceptor, pero ampliando aquelas partes do mesmo que mostran unha falta de sección adecuada, redimensionar os tanques para que recollan por separado os fluxos de tempo seco e de chuvia (20 ou 30 minutos de inicio das chuvias mais fortes esperadas), bombas diferenciadas para cada tipo de tanque, relocalizar o tanque Esteiro 2 xunto ao Esteiro 1, ou unir ambos na zona de Navantia-centro de CI da Armada.
Esta disposición de tanques permitiría poder completar no futuro a disposición de redes separativas nas rúas de Ferrol, Narón e Neda segundo se establece nunha planificación ao respecto. desta forma conseguiríamos rexenerar a nosa ría até un estado limpo e san para o ben da cidadanía e dos mariscadores e tal como moitas persoas aínda poden lembrar.
Asinan o comunicado: ADEGA, Comisión de Medio A.VV. Recimil, SGHN e Verdegaia
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon