COMUNICADO DE PRENSA SOBRE O 25 DE NOVEMBRO | “DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” | O CONSELLO POLÍTICO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA, A TRAVÉS DA ÁREA DA MULLER, QUERE MANIFESTAR O SEU APOIO AOS ACTOS CONVOCADOS POLA COORDENADORA COMARCAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES EN FERROLTERRA. O ACTO QUE TEŔA LUGAR NA PRAZA DE ARMAS AS 20:00HRS CONMEMORA UN ANO MAIS O 25 DE NOVEMBRO BAIXO O LEMA:
"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións"
Para Esquerda Unida este día convértese nun día de denuncia da violencia contra as mulleres, a violencia sexista e machista, que non ten tregua.
Tamén temos que denunciar este día a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través de medidas que inciden directamente nas súas vidas: a reforma regresiva das normas laborais e da lei de aborto.
Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias e analizar de maneira estrutural, e preguntarse por que a pesar de que na teoría a violencia de xénero é rexeitada dende calquera ámbito político, é aínda, unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse como elementos inseparables.
Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais e a sociedade conciencia e cultura política para rexeitar todo tipo de violencia e, en particular, a violencia machista.
En moitas partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de dereitos, que as oculta, as empobrece e as sitúa nun continuo risco, incluso institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións, violacións, asasinatos e execucións.
A deriva conservadora e patriarcal nas posicións políticas do goberno ameaza coa modificación regresiva da Lei do Aborto, impoñen a corresponsabilidade irreal nas obrigas familiares e os recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade. Padecemos a Lei de Familia, que elimina dereitos as mulleres fomentando, dende as institucións, un rol retrograda; ao mesmo tempo que vítimas de agresións machistas non teñen acceso a axudas debidos aos recortes da Xunta. Ponse de manifesto máis aínda, que a loita pola igualdade entre mulleres e homes , é a loita contra a violencia machista.
Ferrol, 25 de novembro do 2013
Consello Político Local de Esquerda Unida.
Área da Muller.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
24 de novembro de 2013 19:40
Boa tarde, Remitimos nota de prensa da Área da Muller de Esquerda Unida con motivo do "Día internacional contra a violencia de xénero" (25 de novembro), con apoio e chamamento a participar nos actos organizados pola Marcha mundial das mulleres, ás oito da tarde na Praza de Armas baixo o lema: "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións". Un saúdo. Secretaría de comunicación do Consello Político Local de Ferrol.
_____________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon