luns, novembro 25, 2013

Os gaseiros de Gas Natural-Fenosa versus Reganosa e Navantia

Tags


Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa (un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa.

É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando - sen escrúpulo algún - gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993.

A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca.

Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a ameaza para as nosas vidas da Planta de Reganosa, a seguir pagando a estafa da subida continuada da tarifa eléctrica e asistindo á destrución do ecosistema da Ría. Todo iso coa complicidade dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, que promoven unha política de deixar caer a actividade dos estaleiros públicos para logo desmantelalos.

A pesar do que diga o Alcalde de Ferrol, os xestores de Navantia son simples peóns colocados polo goberno do PP para cumprir o labor político de desmantelamento dos estaleiros públicos.

É a cidadanía de Ferrolterra quen ten nas súas mans o impedilo a través da mobilización sostida e contundente.

Só a presión social - sen perda de tempo- será capaz de reverter esa adxudicación e impedir a posta en marcha do Plan de Empresa que presentarán en próximos días e que será outro paso adiante para a súa destrución.

A solidariedade da comarca e a firmeza dos traballadores teñen que facer posible un verdadeiro plan de viabilidade para os nosos estaleiros, en defensa dos postos de traballo e da vida social e económica de Ferrolterra.

 Sí se pode !


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
21 de novembro de 2013 12:15

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon