Todas as medidas introducidas, nos últimos tempos, polo Goberno do Partido Popular, encabezado por Alberto Núñez Feijóo, están encamiñadas á mercantilización da sanidade pública, convertela nun negocio para o Capital. Este proceso leva a rebaixar o servizo público de saúde, até o seu parcial deterioro. A Conselleira Rocío Mosquera Álvarez cumpre o papel de xestora deste desmantelamento da sanidade pública, para entregala, paso a paso, coa introdución de privatizacións, copagos, repagos, peche de camas, lexislando..., para deixar nas mans de corporacións e empresas privadas o "negocio da sanidade", a venda e entrega da xestión de todo canto servizo presta o SERGAS e outros da Consellería de Sanidade.
"Perda do dereito á asistencia sanitaria para algúns colectivos; copagamentos de ambulancias, ortopróteses e medicamentos; peche de camas co conseguinte aumento das listas de espera; aprobación da Lei de Garantías, pola que as persoas que leven certo tempo en lista de espera serán derivadas á privada; privatización de cociñas, lavanderías, servizos de mantemento de aparataxe, xestión de diagnóstico por raios; derivación obrigatoria dos accidentes de tráfico leves á privada; afastamento da poboación das especialidades de medicina; falta de substitución de profesionais, ..."
Os vindeiros luns e martes, días 9 e 10 de decembro, as organizacións sindicais, CCOO e CIG, e varios sindicatos de médicos, convocan unha Folga Xeral na Sanidade Pública Galega, para denunciar o desmantelamento e privatización á que nos está sometendo o Partido popular -PP, coas súa políticas neoliberais, en consonancia coa política xeral de desmantelamento do sector público en todos os sectores: Servizos Sociais, Dependencia, Ensino, Sanidade, Concellos, ...
En Ferrol como en moitas cidades e vilas da Galiza, van ter lugar, concentracións cidadáns diante dos centros de Saúde e Hospitais, así como o Martes, 10 de Decembro, unha Manifestación Comarcal con saída ás 6 da tarde, de diante do Centro de Saúde Fontela Maristany, na Praza da Porta Nova (Praza de España).
SOS Sanidade Pública e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol (na que está integrado o noso Colectivo Ártabra 21), apoian estas mobilizacións.
As outras mobilizacións en diferentes vilas e cidades da Galiza:
DEFENDE OS TEUS DEREITOS !
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO, A SAÚDE É UN DEREITO !
POR UNHA SANIDADE, PÚBLICA, UNIVERSAL E SEN COPAGOS!
Nota.- Para ampliar as dúas follas informativas anteriores clica dentro da imaxe.
_________________

- O Barco Hospital Comarcal. 20h.
- Ourense Pavillón dos Remedios. 20h.
- Burela Hospital da Costa. 20:30h.
- Vigo Hospital Xeral. 20h.
- Lugo Edificio Multiusos Xunta de Galiza. 20h.
- Pontevedra Porta Principal Hospital Provincial 20h.
- Santiago Praza Roxa 20h.
- A Coruña Casa do Mar (Avda do Exército) 20h.
- Barbanza Centro de Saúde 20h.
- Monforte Praza de España 20h.
- O Salnés Porta principal Hospital do Salnés 14h.
- Cee Porta Principal Hospital Virxe da Xunqueira. 12h.
DEFENDE OS TEUS DEREITOS !
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO, A SAÚDE É UN DEREITO !
POR UNHA SANIDADE, PÚBLICA, UNIVERSAL E SEN COPAGOS!
Nota.- Para ampliar as dúas follas informativas anteriores clica dentro da imaxe.
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon