O consello político local de Esquerda Unida de Ferrol, e os concelleiros Javier Galán e Suso Basterrechea, participarán o día 19 de decembro na concentración convocada ante a Delegación do Goberno da Coruña contra a reforma local.
Esquerda Unida, como organización política que sae da rúa e non de arquitecturas institucionais ficticias, considera o goberno como sometido á sociedade e non á inversa. Javier Galán, voceiro municipal, reflexiona sobre esta reforma:
“É unha reforma recentralizadora e ideolóxica. Converten ás deputacións en órganos reitores das necesidades da veciñanza. Repítese o modelo troika-estados nacionais a pequena escala: os concellos perden autonomía e posibilidade de atender aos veciños e veciñas que os escolleron, e os servizos básicos pasan a depender de entes non electos, como son as deputacións. No horizonte: perda de emprego público, servizos sociais onerosos e deficitarios e privatizacións para enriquecemento duns poucos en detrimento do xa raquítico estado de benestar”
EU forma parte da reacción social unánime contra a liquidación do público, as novas colonias que a devastación capitalista explota xa non están en África ou América do Sur, están na cidadanía, e, concretamente, na poxa dos servizos públicos que traen como consecuencia empobrecemento social e perda de calidade de vida cidadá.
A aprobación desta lei suporá a anulación de facto dos programas da esquerda vertebrados ao redor da xente do común, impedirá remunicipalizar servizos, como Emafesa ou a axuda no fogar, crear empresas públicas para crear emprego e servir de estímulo á depauperada economía produtiva comarcal, e o tecido asistencial público será desmantelado.
Por iso facemos un chamamento á rebeldía cidadá e a acompañarnos á Coruña o día 19 ás 12:00 fronte á Delegación do Goberno, para o que nos desprazaremos nos autobuses postos a disposición polas organizacións sindicais e abertos a toda a cidadanía.
Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/.
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
17 de dezembro de 2013 14:31
Bo día. Enviamos nota de prensa pola que anunciamos a presencia dos concelleiros de Esquerda Unida na concentración do xoves 19 ás 12:00 na delegación do goberno na Coruña en apoio ao acto sindical unitario en protesta pola reforma da Administración Local. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación Consello Político Local- Ferrol
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon