ESQUERDA UNIDA PON DE MANIFESTO A NEGATIVA DO PP DE VOTAR A FAVOR DUNHA ENMENDA DE IU DOTADA 30 MILLÓNS DE EUROS NO SENADO.
Ante a noticia aparecida hoxe nun medio de comunicación, segundo a cal, pode deducirse que Izquierda Unida non votou a favor dunha enmenda para a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, Esquerda Unida, co fin de eludir descontextualizacións ou imprecisións, quere facer as seguintes aclaracións:
- Izquierda Unida presentou no Senado unha enmenda de 30 millóns para a construción do dique flotante, que o Partido Popular votou en contra, como tamén fixo coa enmenda de 5 millóns do PSOE.
- Nas enmendas aos orzamentos no Congreso dos Deputados, Izquierda Plural presentou diversas enmendas para o Naval Público ferrolano, por valor de 80 millóns, vinte especificamente para a construción do dique flotante, así como unha serie de investimentos plurianuais que permitiran o seu completo financiamento, que o PP rexeitou.
- No Parlamento galego, AGE, ven de presentar, nos dous últimos orzamentos de 2013 e 2014, sendas enmendas por máis de vinte millóns de euros en inversión plurianual, que permitirían iniciar a construción do dique, sen sobrepasar o tope de gasto autonómico posible. O Partido Popular votou en contra.
- Nos orzamentos de 2013, unha enmenda por cinco millóns de euros foi aprobada polo Parlamento de Galicia, cos votos de PSOE e PP. Esa partida quedou sen executar. Tanto o BNG como AGE, abstivéronse nesa votación, o que non significa estar en contra da infraestrutura, senón que é unha forma de manifestar a nosa rotunda oposición aos brindes ao sol, con cantidades insignificantes que, como quedou demostrado, quedarían sen executar, e corroboran as palabras de Yolanda Díaz, vicevoceira no Parlamento, que cualificou a ridícula partida como unha farsa, un intento de paralizar a mobilización sostida do cadro de persoal.
2.- Me comprometo a anteponer los intereses de esta ciudad por encima de los del partido. Ferrol es y será siempre una prioridad para este candidato.Segundo o concelleiro Javier Galán, pasa en Ferrol o mesmo que en Madrid, os programas de goberno son puro fume que non vinculan. A democracia non pode ser depositar un voto na urna cada catro anos, a participación e o compromiso cos programas vinculan aos gobernantes, polo que unha vez máis reivindicamos que o alcalde de Ferrol rache o carnet do seu partido ou dimita por dignidade e respeto a Ferrol e aos máis de 4000 traballadores e traballadoras das industrias auxiliares que perderon o seu posto de traballo, condenados á exclusión, á emigración ou á falta total de expectativas pola ausencia de políticas activas de emprego e sen posibilidade dunha planificación democrática da economía.
Por outra banda, o coordinador local, Suso Basterrechea, quere recordar o compromiso adquirido en febreiro de 2013 polo Parlamento de Galicia, por unanimidade, compromiso que incluía reivindicar a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, que daría ocupación durante moitos meses a máis de 900 traballadores, ademais de posibilitar novos contratos adaptados aos novos megabuques. Este compromiso debe traducirse en reprobacións a todos os deputados e senadores que votaron contra esta infraestrutura, por incumplir o acordo soberano do pobo galego expresado a través do noso Parlamento.
Esquerda Unida sempre apoiou e apoiará a construción do dique flotante, o levantamento do veto, a inxección de investimentos públicos masivos capaces de conseguir novos contratos que poidan reflotar ao case desaparecido tecido industrial da comarca, o mantemento de todos os postos de traballo en condicións dignas e, en ningún caso, privatizacións, especulacións ou segregacións dos estaleiros da ría.
Ferrol, 10 de xaneiro de 2014
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de janeiro de 2014 16:36
Boa tarde. Remitimos nota de prensa sobre as enmendas presentadas no Senado para a construción do dique flotante en Navantia Ferrol rexeitadas polo Partido Popular. Un saúdo. Secretaría de Comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon