O grupo municipal de Esquerda Unida considera totalmente propagandístico o informe -valoración do PP sobre un suposto programa municipal de emprego | Esquerda Unida iniciou a rolda de contactos habituais co movemento asociativo para valorar os orzamentos municipais do PP e as alternativas posibles, este ano centrados nas prioridades de emprego e rexeneración urbana | Onte con Ferrol Vello e mañá coa directiva da Federación Veciñal Roi Xordo, o grupo municipal escoitará as demandas do asociacionismo veciñal nun momento de bloqueo por parte do PP da participación cidadá no concello.
Esquerda Unida presentou como alegación aos orzamentos municipais unha emenda que esixía unha modificación crediticia por valor de dous millóns de euros para a elaboración dun plano-programa de emprego local que, centrándose nos sub - programas 2411 e 2415 dos orzamentos incluíse apartados de formación, asistencia técnica, soporte en financiamento, viveiro de cooperativas e rexeneración económica e comercial. En contexto con isto Esquerda Unida presentou emendas varias que reforzaban a idea de poñer o conxunto dos orzamentos ao servizo da creación de emprego e este, de calidade e mediante investimento público directo, para a satisfacción de necesidades urxentes: comercio de proximidade, desenvolvemento de sectores ligados á economía social, servizos públicos vivenda e alugueiro social etc.
Tal é o que onte en reunión coa directiva da asociación veciñal de Ferrol Vello e a súa presidenta Maite Fernández (dada a situación de emerxencia na que vive o barrio) se expuxo por parte do grupo municipal: entre outras cousas a actual situación se caracteriza porque o PP non se compromete con algo que é unha necesidade evidente para a situación da cidade e incide directamente na problemática do barrio; un plan de emprego digno de tal nome asociado a necesidades básicas para a recuperación urbana e con dous eixos fundamentais; a rexeneración urbanística integral a través dun auténtico plan de barrios que inclúa os aspectos comerciais e e de dinamización da participación cidadá. Todo o contrario que hoxe estamos a vivir. O outro eixo, a aposta pola economía social, ten tamén consecuencias claras para a rexeneración urbana xa que ,necesariamente, a rehabilitación integral urbana ten que contemplar iniciativas ligadas ao traballo asociado impulsado desde os sectores públicos xa que a rehabilitación de Ferrol Vello responderá a unha estratexia definida desde o público, a mans invisible do mercado é o que hai hoxe: ruínas e especulación.
Para Javier Galán, voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida, a aposta debe ser pola cidade compacta, por defender e promover os barrios da cidade histórica como aposta de futuro, pasan necesariamente por un xiro copernicano do concello en canto á participación cidadá. Para mostra un botón: co concello da veciñanza funcionando ordinariamente e o goberno municipal asumindo os consensos xerados alí nin se suprimirían paradas de autobuses na cidade como en Ferrol Vello nin asistiriamos ao espectáculo lamentable das terrazas na Magdalena e Esteiro. Ningún ente de participación veciñal consentiría que un barrio como Ferrol Vello se quedara sen conexión de transporte público co Hospital Xeral de Caranza ou coa Residencia. Ningunha asemblea de barrio aprobaría o malgasto permanente , onte un millón de euros na praza de España, mañá, outro millón ,no ascensor da costa de Mella.
O declive económico de Ferrol, paralelo ao declive urbanístico, precisa da solidariedade e interacción de veciños e goberno, e fortalecer e interrelacionar o emprego coa recuperación dunha cidade que vai camiño de converterse nunha morea de cascallos deserta, intransitable e inhabitable. Fronte á improvisación, as ocorrencias, o malgasto e as respostas precipitadas a titulares de prensa incómodos, Esquerda Unida propón un plan de rexeneración urbanística integral dinamizador do emprego que sexa quen de frear o deterioro a pasos axigantados da cidade, por unha banda, e contrarrestar as consecuencias da nefasta política de emprego e industria do Partido Popular.
En Ferrol, a 23 de xaneiro de 2014
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2014 14:27
Bo día. Achegamos nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida, con propostas sobre rexeneración urbana e emprego, dando conta das demandas veciñais da asociación de veciños de Ferrol Vello. Un saúdo. Secretaría de comunicación
__________
Foto de Artabria.com. A "Praza Vella" en Ferrol Vello.
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon