O pasado 16 de Xaneiro de 2014, Xesús Seixo Fernández da CIG, Xosé Manuel Sánchez Aguión de S.N. de CCOO de Galicia e José Antonio Gómez Gómez de UGT Galicia, asinan unha convocatoria para reunir en Compostela a Alianza Social Galega, na súa misiva alegan que "ante a grave situación que estamos a padecer en Galicia como consecuencia das decisións adoptadas polos Gobernos Central e da Xunta en forma de recortes públicos e de dereitos e liberdades, e ante o horizonte de que se teime en agudizar os seus efectos sobre a cidadanía en forma de máis recortes, desde as tres organizacións sindicais queremos propoñervos celebrar unha xuntanza das organizacións e entidades que conforman a Alianza Social Galega co obxectivo de promover unha mobilización social en Galicia que poña freo a esta escalada antisocial".
Na citada xuntanza quere-se debater e consensuar un Manifesto Nacional dirixido a todo o pobo galego onde se faga un chamamento á mobilización social contra as políticas neoliberais, inxustas, ... que nos arruínan, empobrecen e precarizan como como persoas e como País.
A xuntanza está convocada para o vindeiro Luns, 27 de xaneiro, ás 17:00 horas no salón de actos do CERSIA, na rúa Alcalde Raimundo López de San Lázaro, en Santiago de Compostela.
A Alianza Social Galega está integrada, a nivel nacional, polas seguintes organización:
Na citada xuntanza quere-se debater e consensuar un Manifesto Nacional dirixido a todo o pobo galego onde se faga un chamamento á mobilización social contra as políticas neoliberais, inxustas, ... que nos arruínan, empobrecen e precarizan como como persoas e como País.
A xuntanza está convocada para o vindeiro Luns, 27 de xaneiro, ás 17:00 horas no salón de actos do CERSIA, na rúa Alcalde Raimundo López de San Lázaro, en Santiago de Compostela.
A Alianza Social Galega está integrada, a nivel nacional, polas seguintes organización:
A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación Pola Paz; Asociación Fuco Buzán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confederación Intersindical Galega (CIG); Confraría Pescadores Póboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGs; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega d Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma Defensa Ensino Público; Plataforma Defensa Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa Ensino Público; Plataforma polo Emprego (Asociación); Plataforma Queremos Galego; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Sindicato Traballadores e Traballadoras Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; Unión de Autónomos de Transporte Carretera e Mar; UGT Galicia; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon