xoves, xaneiro 30, 2014

Este venres 31 de xaneiro, ... en vivo e directo, entre as 8 e 10 da noite Rádio FilispiM vai ao Cantón Vello (R/ Taxonera, Ferrol)


Este venres 31 de xaneiro de 2014, Rádio FilispiM vai ao Cantón Vello (3º programa do ciclo “Filispim Vai…”).


Este venres 31 de xaneiro de 2013 unha intensa borrasca achegará unha nove fronte a Galicia cara a noite donde as precipitacións serán máis persistentes. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro a moderado e os ventos soprarán do sudoeste moderados con intervalos fortes no litoral norte... mais é unha previsión.

O que si é seguro é que "Rádio FilispiM vai ao Cantón Velllo". O Colectivo Opaíí! movilizará as súas hostes e aparellos iste venres ao mítico local do bairro de Esteiro-Ferrol (R/ Taxonera) cun programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de voces ben diversas...

Por si todo isto fór pouco, haberá música en vivo da man do guitarrista Cabe García e o programa de radio será gravado e retransmitido en directo ao través de Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming para todo o mundo en http://opaii.blogspot.com

O ciclo "Rádio FilispiM vai…" terá continuidade no futuro coa participación doutros Colectivos, Asociacións e espazos da nosa Comarca.

Filispim vai!!!. Vén ti!!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/725801644097658/?fref=ts

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
30 de janeiro de 2014 13:02
___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon