martes, xaneiro 28, 2014

Foi a homenaxe a Amada García no 76 cabodano do seu asasinato, xunto a sete republicanos no Castelo de San Felipe, en Ferrol - Galería Fotográfica


A asociación Memoria Histórica Democrática e a asociación Fuco Buxán organizaron un ano máis a homenaxe que realizan ano pos ano, no Castelo de San Felipe, a Amada Garcia e aos outros sete republicanos fusilados o mesmo día 27 de xaneiro de 1938, a carón dun dos muros do castelo.
Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra:
Antonio Eytor Cañizo,
José María Montero Martínez,
Ángel Roldos Gelpi
Juan José Teijeiro Leira,
Jaime González Pérez
Ramón Rodríguez López de Ares
e Germán López García
Nesta edición do evento-homenaxe, a pesar do mal tempo e a forte chuvia, deron-se cita numerosas persoas da esquerda social, cultural e política da Comarca. Sindicalistas, parlamentari@s, xente da cultura e representantes das organizacións políticas locais. Estivo presente no acto o fillo de Amada Garcia, Gabriel Toimil que participa todos os anos na homenaxe. A bisneta de Amada Garcia, interpretou o hino Galego ao violín para o seu avó Gabriel.

Web da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática:
http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Web da Asociación Cultural Fuco Buxán:
http://fucobuxan.net/

Galería Fotográfica da asociación Memoria Histórica Democrática.
____________

Enlace relacionado:
Artabra 21: Presentación en Ferrol do documentario de Xosé Abad: "A pegada dos avós", este Venres 24 de Xaneiro - Sete mozos e mozas, que se achegan á Guerra civil e á represión fascista, facendo a súa propia investigación ...
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon