O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol precisa, como xa coñecedes, axuda económica para continuar os procesos xudiciais emprendidos e para o normal desenvolvemento das súas actividades en defensa da sostenibilidade da Ría e da vida dos habitantes da súa contorna, fronte a ameaza da Planta de Gas de Reganosa.
Na web eBay iniciou, por este motivo, a puxa de dous óleos enmarcados obra do artista Luis Planas, para quen desexe colaborar.
Convidamos a visualizar os lenzos nos seguintes enlaces:
-
- "Pescadora na praia" - óleo enmarcado - 75 cm x 65 cm - autor: Luís Planas [Acceder].
- Oleo - libros antigos - 51 cm x 40 cm - autor Luís Planas (2008)- [Acceder].
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS PECHE XA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
27 de janeiro de 2014 15:35
____________
Enlace relacionado:
Ártabra 21: Apoio económico á loita contra a amenaza da ilegal e perigosa Reganosa contra a vida, a seguridade e a Ría - Planta de gas construida ao amparo da corrupción política e económica
___________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon