xoves, xaneiro 30, 2014

No Pleno ordinario deste xoves 30 de Xaneiro, o BNG presenta a súa moción 'Liñas básicas do Plan de Defensa dos estaleiros públicos na ría de Ferrol'


Este 30 de Xaneiro, corresponde o Pleno Municipal que se celebra todos os últimos xoves de mes. O BNG local ten previsto presentar unha moción, xa anunciada, sobre a situación na que se atopa a construción naval na Comarca. A organización da esquerda nacionalista di que sobre a actual situación que vive a nosa comarca que "resulta intolerable para esta cidade e para Galiza, por se trataren dunha industria vital para a nosa economía e a nosa propia subsistencia". A moción que apresenta o Grupo Municipal da citada formación política, está baseada no Documento "Liñas básicas do Plano de Defensa dos estaleiros públicos na ría de Ferrol",  será debatida no citado Pleno do Concello de Ferrol de hoxe Xoves.

Web oficial do BNG:
http://www.bng-galiza.org/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
29 de janeiro de 2014 22:45
http://espazoartabro.blogspot.com/

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon