Concentración en defensa do Rexistro Civil
Bo día,
O vindeiro mércores 26 de febreiro, ás doce da mañá, as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF, USO e CIG, convocamos unha concentración nas portas dos Xulgados en defensa do Rexistro Civil
É unha concentración cidadá, xa que, se ben afecta a máis de 3500 postos de traballo de funcionarios de xustiza, o principal afectado é o conxunto de cidadáns, que deberán enfrontarse a un novo repago dun servizo que era público, gratuíto e exemplar na súa xestión. A privatización prevista é un agasallo para uns profesionais pertencentes as elites deste país, os 800 Rexistradores da propiedade, e suporá a substitución da eficiencia do público, pola búsqueda da rendibilidade económica privada.
Tras investir 130 millóns de euros na súa dixitalización, agora, sen consulta cidadá, o Ministro Gallardón, exemplo paradigmático dos políticos que gobernan para os poderosos, socializa as perdas ocasionadas polo estalido da burbulla inmobiliaria que sufriron estes multimillonarios profesionais, postos en cuestión incluso pola UE, privatizando un servizo que repercutirá nas precarias economías da xente do común: trámites tan cotiás como as fes de vida, as partidas de nacemento, os matrimonios, os expedientes de nacionalidade, etc, serán de pago, un repago para un servizo que non era deficitario, e un repago que non irá destinado a financiar a sanidade pública ou a educación, senón a enriquecer aínda máis aos Rexistradores de Propiedade.
A cidade de Ferrol, con esta medida recentralizadora é dobremente prexudicada, xa que ademais desta "externalización", a prevista desaparición do partido xudicial e do colexio de avogados, deixará a Ferrol como unha cidade sen xustiza, converténdose nunha sucursal administrativa da Coruña, consecuencia do ánimo de restar autonomía aos Concellos. A falta de vontade dunha xustiza próxima e eficaz deixa o campo aberto ao abuso dos poderosos, grandes fortunas, banca e multinacionais, así como incrementa a dificultade de investigar o mal endémico da nosa democracia; a corrupción, impune por falta de medios materiais e persoais
Por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar nestas mobilizacións, e continuar asinando contra esta medida unilateral, arbitraria e regresiva
Jorge Suárez
Delegado sindical de CCOO
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 09:32
ccooxustiza coruña
-ccooxustizacoruna@gmail.com-
Date: 2014-02-24 14:18
___________
Foto: Protesta en Ourense |24.02.2014 | Brais Lorenzo .
___________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon