Comunicado do Consello Político Local de Esquerda Unida.
O Consello Político Local de Esquerda Unida ante o desfile de novas que temos todos os días referidas ao pago de dietas sen asistencia efectiva do consello de administración da Autoridade Portuaria de Ferrol quere manifestar o seguinte:
En primeiro lugar, o pouco edificante que é saber, por mera análise, de todo o referido ás dietas e outros gastos de difícil xustificación a partir, e só a partir, da abrupta marcha da presidencia do ente do anterior titular e o inicio dun durisimo axuste de contas entre faccións rivais do Partido Popular local. Certo que a Intervención Xeral do Estado é a entidade que emite as recomendacións que dan lugar á polémica pero dubidamos moito que a saída á prensa, con todo luxo de detalles, fora esa que hoxe, e todos estes días, temos de darse outras circunstancias que non afectaran á estabilidade interna do partido gobernante.
En segundo lugar, desde Esquerda Unida queremos resaltar que a corrupción e as prácticas incompatibles co desempeño dos cargos públicos apuntan sempre aos mesmos lugares: aos ámbitos político-empresariais que se moven na contorna dos partidos do sistema. Neste sentido o que acontece é, non só unha cuestión que afecta á legalidade, senón tamén o síntoma do acabamento do réxime bipartidista até agora vivo por retroalimentación de vasos comunicantes entre elites políticas e elites empresariais. Versión local disto é o espectáculo da Autoridade Portuaria.
Non é unha cuestión menor, en terceiro lugar, a que podemos denominar actitude moral. En espera da completa rexeneración das prácticas políticas e empresariais, e que só poder ter lugar a partir dun cambio de réxime vía radicalización das condicións democráticas e aumento das garantías, é dicir, gañar politicamente a posición para que haxa, efectivamente, Dereito e dereitos. En espera diso, dicimos, non estaría mal que se xeneralizara as actitudes moralmente irreprochables entre o común dos cargos institucionais. Espello no que mirarse hai, se se quere. Esquerda Unida estivo moi ben representada no consello de administración do Porto de Ferrol-San Cibrao durante o tempo que ostentou a representación do Concello de Ferrol. Non se trata de vangloriarse pero a cidadanía debe saber que non todos e todas somos, neste sentido, ”iguais”. Cada que que tire as súas conclusións: as nosas son que estamos moi orgullosos da decisión tomada no seu momento polo representante do Concello de Ferrol na Autoridade Portuaria de doar as súas dietas a unha entidade benéfica da cidade por entender que o seu traballo no consello entraba xa coa remuneración como concelleiro.
Rematamos esixindo, como non, a investigación máis rigorosa posible para este e para todos os casos de corrupción así como a necesaria depuración e asunción de responsabilidades políticas amén das que, no seu caso, se deriven da acción dos tribunais de xustiza.
Ferrol a 20 de febreiro de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol
Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
20 de fevereiro de 2014 17:47
Boas. Enviámosvos adxunto a resolución do Consello Político Local de Esquerda Unida de Ferrol diante da polémica xenerada polas dietas sin asistencia efectiva ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria e cobradas por distintas personalidades , da política local ou non. Apuntamos tamén as diferencias que pode haber entre os e as protagonistas desta desgraciada historia e outros representantes, protagonistas neste caso dunha actividade política guiada por unha actitude cívica que Esquerda unida se enogullece de poder mostrar como exemplo e de que figure entre as súas filas. | Saúde, grazas e un saúdo, | Secretaría de Comunicación. | Consello Politico Local.
__________________
Foto: Diario do Porto.
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon