Un espazo de debate para a Galiza Exterior | Somos un grupo de persoas que pensamos en, por e para Galicia. | Galicia é a nosa nai. É quen nos ensinou a estarmos orgullosos de ser quen somos. | Procedemos de diferentes lugares do mundo (Barcelona, Compostela, Bos Aires, Lugo, Zurich…) mais os nosos folgos non esmoreceron; non deixaron de enfeitizarnos as verbas da nosa lingua galega. E é por iso que nos embarcamos neste proxecto. | Defendemos unha Galiza global; unha Galiza inclusiva, na que todos e todas (vivan onde vivan, sexan como sexan) poidan colaborar e aportar unha parte do que son. | Somos emigrantes, fill@s de emigrantes, net@s de emigrantes, sobriñ@s de emigrantes, prim@s de emigrantes… Representamos a parte máis difícil da realidade histórica galega, mais pensamos que, nestes tempos que corren, todos podemos sumar, todos debemos contribuír ao novo rexurdimento do noso país. | Somos parte do problema e tamén queremos ser parte da solución. Porque o noso país é Galicia, así o sentimos e así o dicimos.
Novas.-
#opinión en @infocadernos
Artigos.-
Pudor
Con Carlos Gardel en Piriápolis
#contacta
OS CADERNOS DA SEMANA.
Cadernos de Comunicación e Análise
Séguenos en facebook en facebook.com/cadernos
Séguenos en twitter en @infocadernos
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com
Cadernos de Comunicación e Análise.
www.cadernos.net | www.albadegroria.com.
--
Rede Social de Ferrol Terra
Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web).
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
23 de fevereiro de 2014 08:27
Cadernos de Comunicación e Análise
-infocadernos3@gmail.com-
2014-02-16 16:29
_______________
Novas.-
- Xacarandaina chega cun espectáculo que é unha homenaxe e un agradecemento á xente da diáspora
- Beatriz Mato, con descaro: “Non hai relación entre paro e emigración”
- O número de cidadáns españois con dereito a voto residentes no estranxeiro supera os 1,7 millóns
- Emigrantes retornados de toda Galiza esixen ao Goberno que anule os seus expedientes sancionadores
- Ana Miranda presenta iniciativas en Bruxelas pola decisión de Suiza de impór cupos á inmigración
- O Parlamento Europeo aproba un proxecto de lei para simplificar o proceso de autenticación dalgúns documentos públicos
- AGE denuncia “a ocultación e o escurantismo” da viaxe de Feijóo a Cuba o pasado ano
- O gaiteiro camariñán David Carril difunde a música tradicional galega en Londres
- O pintor lucense Labajjo Grandío expón as súas últimas obras na Casa de Galicia en Madrid
- ‘Fillos de Capela’ na Habana nomea ‘Socio de Honra’ a Fidel Castro que foi o seu secretario de 1951 a 1953
- Os suízos aproban en referendo reinstaurar as cotas de inmigración aos cidadáns procedentes da UE
- O BNG pide a Montoro que anule con carácter retroactivo todas as sancións a retornados
- As vítimas do paro en Galiza: familias completas e mozos emigrantes
- A xustiza arxentina prohibiu que a intervención que xestiona o Centro Galego de Bos Aires aumente o importe das cotas sociais
- Os suízos votarán este domingo se impoñen límites á inmigración procedente da UE
- “Disociados” de Rut Martínez López de Castro, en Madrid coas últimas creacions da artista viguesa
- O PP quere que o Goberno axilice o traslado a cárceres en España dos presos no estranxeiro
- Ramón Villares reinvidica ao Luís Seoane que “conectou as dúas Galicias”
- O BNG demanda ao Goberno que non retire a tarxeta sanitaria aos emigrantes que estean máis de 90 días no estranxeiro
#opinión en @infocadernos
Artigos.-
Pudor
EDMUNDO MOURE ROJAS
Unha das experiencias máis comúns que rescato dos talleres literarios -sexa nos que asistín como simple escoita, ou nos que impartín como guía- é constatar o temor pudoroso, da maioría dos participantes, por mostrar os seus escritos, considerados asunto íntimo, secreto, case pecaminoso. “Escribo para min e nunca mostro a outros os meus pensamentos”, é unha frase asaz repetida; timidez que adoita afectar máis aos que posúen talento que aos que carecen del.
Hai que subliñar que todos empezamos así, dende os máis pintados ata os menos bendicidos pola musa dos pendolistas. Recordo que alá polos comezos da década dos 60′, entreguei ao meu pai certos textos, escritos en forma de estrofas, que eu consideraba poéticos. O tema daqueles versos incipientes era a guerra de Vietnam, a través do impacto anímico que me producía a cruel conflagración, as imaxes -só gráficas naquel tempo- de civís: anciáns, mulleres e nenos, queimados polas bombas de fósforo branco (napalm) que o imperio do norte repartía, en flamas de terror militarista…
Para ler máis, preme aquí

Europa non é o problema
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Falábamos hai días nesta columna da decepción da cidadanía a respecto do proceso de integración europea, tendo en conta o seu déficit democrático, a falla de profundización na unidade política, a falla de control cidadán do Banco Central Europeo e ter adoptado unha unión monetaria sen establecer, ao tempo, un amplo Orzamento federal e a coordinación das distintas políticas fiscais.
Porén, Europa non é o problema, como seica defenden moitas forzas de esquerda radical en Galicia e no resto do noso continente. Compre transformar esta Unión para construír a Europa dos cidadáns e dos pobos, mais compre, tamén, recoñecer o avance exercido polo proceso de integración a respecto da Europa comesta polas guerras e máis o marco de estabilidade que ofrece. Non por acaso, se non chegamos a pertencer á Unión Europea, o Goberno do Estado podería estar a intervir militarmente en Catalunya.

Corrupción: Corruptores e corruptos
XOSÉ MANUEL GALDO-FONTE
A corrupción non ten límite, esa progresión de inmoralidade dual entre corruptor e corrupto que á marxe da lei beneficia a ambas as dúas partes en prexuízo colectivo da sociedade, resulta incesante pola tolerada condescendencia política, a sustentada impunidade e a escaseza de conciencia social; de aí que ese cancro endémico mudase con compracencia combinada ata transformarse nunha compartida norma de conduta, nunha práctica asociada á función política.
Sendo por iso que a “contracultura da corrupción” favorecida pola influencia dos perceptores de prebendas, chegou a enraizar na propia estrutura do Estado ata o extremo de socavar a vida institucional do país e transgredir o ordenamento instaurado, nun proceso de vulneración continuada do Estado de Dereito; e todo este atropelo, polo ambicioso obxectivo duns desalmados empeñados custe o que custe en obter un proveito alleo ao ben común.

O caso Neymar e a matemática da corrupción no fútbol
JOSÉ ROBERTO TORERO
Neymar non dribla só defensas. Tamén dribla contratos e leis. En realidade, todos os envolvidos na súa ida para o Barcelona son grandes dribladores. Ou pensan que o son. Como foron descubertos, seica non son tan bos.
Imos aos números:
Oficialmente os dereitos federativos de Neymar custaron 17,1 millóns de euros. Mais o total gasto por parte do Barcelona, segundo o propio club, sería 57 millóns de euros. Para entender esta diferenza, un socio do Barcelona levou a cuestión á xustiza pedindo esclarecementos. E aí descubriuse que Neymar, na verdade, custara 95 millóns de euros.
Iso transfórmao no xogador no máis caro da historia, superando a Cristiano Ronaldo, que custou 94 millóns de euros ao Real Madrid.

MANUEL SUÁREZ SUÁREZ
Agora mesmo dona Diáspora está no seu banco da rambla de Piriápolis. Agarda polo seu amigo Carlos Escayola Oliva para tomar mate ao abeiro do cerro de San Antonio. Quere pedirlle ao famoso tacuaremboense —máis coñecido polo nome artístico de Carlos Gardel— a súa axuda para que o presidente da República Oriental do Uruguai reciba un premio internacional polo seu meritorio labor de sementador de paz e prosperidade no fermoso espazo verde da Banda Oriental.
Diáspora: A verdade é meu amigo que non pensei puideras achegarte tan axiña aquí a Piriápolis. Sei que aínda tes moitos compromisos de carácter artístico a pesar de que estás retirado, involuntariamente, dos escenarios. Nin que decir ten que estou moi agradecida por vir falar comigo. Imos tomar uns mateciños para celebrar o noso século de amistade. Lembrarás que te coñecín en Montevideo cando aplaudías a Pascual Contursi e aínda eras un noviño aprendiz de payador que interpretaba pezas da tradición gaucha.
Gardel: Bueno, mi amiga, si vine ligerito fue porque te aprecio mucho y también por la curiosidad de saber en qué merengue andás metida. Es cierto que allá arriba estoy ocupado haciendo de jurado en el histórico concurso tanguero que semanalmente organiza el programa: “Nuevos Valores del Tango”. Además, el amigazo Alfredo Zitarrosa, en su boliche “El Resorte” convoca los sábados por la noche a los hinchas de Peñarol para cantar los temas que ejecuta un muy piola grupito instrumental que armaron los hermanos Canaro. Voy siempre y más ahora que me nombraron Socio Honorario de la mejor hinchada futbolera del mundo.

Editorial odioso e golpista do WSJ contra Arxentina
EMIR SADER
Quen lese a descrición que a xornalista do Wall Street Journal fai de Bos Aires, tería a nítida impresión de que ela fala da Bos Aires da crise de 2001/2002: “Unha sensación de premonición abatíase sobre a cidade. A economía estancada, a inflación alta, o capital saíndo do país e os porteños de todos os ámbitos preparados para unha tormenta e resignados ás penurias que chegarían a esa cidade porteña”.
E continúa a sensíbel xornalista norteamericana: “A infraestrutura da cidade tamén parecía abatida. Os amplos bulevares e grandiosos edificios do século XIX están cansados e enferruxados e as rúas cheiran mal. Os grafitis (excitados) e os carteis esnaquizados desfiguran as paredes, o que intensifica unha sensación xeneralizada de decadencia sen lei.”
Para ler máis, preme aquí
Quen lese a descrición que a xornalista do Wall Street Journal fai de Bos Aires, tería a nítida impresión de que ela fala da Bos Aires da crise de 2001/2002: “Unha sensación de premonición abatíase sobre a cidade. A economía estancada, a inflación alta, o capital saíndo do país e os porteños de todos os ámbitos preparados para unha tormenta e resignados ás penurias que chegarían a esa cidade porteña”.
E continúa a sensíbel xornalista norteamericana: “A infraestrutura da cidade tamén parecía abatida. Os amplos bulevares e grandiosos edificios do século XIX están cansados e enferruxados e as rúas cheiran mal. Os grafitis (excitados) e os carteis esnaquizados desfiguran as paredes, o que intensifica unha sensación xeneralizada de decadencia sen lei.”
Para ler máis, preme aquí
#contacta
OS CADERNOS DA SEMANA.
Cadernos de Comunicación e Análise
Séguenos en facebook en facebook.com/cadernos
Séguenos en twitter en @infocadernos
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com
Cadernos de Comunicación e Análise.
www.cadernos.net | www.albadegroria.com.
--
Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web).
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
|||||||||||||||||||||||||||||||||
Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
23 de fevereiro de 2014 08:27
Cadernos de Comunicación e Análise
-infocadernos3@gmail.com-
2014-02-16 16:29
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon