O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.
As próximas citas son:
- Martes 11 de Marzo, ás 17:30hs unha nova Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza, para seguir organizando o apoio ás Marchas que partirán da nosa comarca.
- Venres 14 de Marzo, ás 18:00hs unha Concentración diante da oficina que representa en Ferrol a Gas Natural Fenosa, para denunciar a un dos responsábeis económicos da estafa chamada crise, responsábeis do empobrecemento enerxético de centos de miles de familias e que à hora de facer os buques metaneros prefiren encarga-los en Asía e non face-lo nos nosos estaleiros que poderían dar emprego a miles de persoas.
- Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen a Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha a Colón. Marcharemos ...
« Polo dereito ao traballoTemos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M.
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario
Saúde, Educación, Pan, Traballo e Teito!
Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
columnacaranceira@gmail.com
Grupo no facebook:https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com
Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com
Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Material para imprimir e difundir:
- Octavilla convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A4 - Saen dúas) - Acceder e Baixar.
- Cartaz convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A4) - Acceder e Baixar.
- Cartaz convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A3) - Acceder e Baixar.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon