Javier Galán demanda a convocatoria da comisión de Urbanismo, Seguridade e Tráfico “que está para algo máis que para aprobar licenzas “ | Esquerda Unida levará as reivindicacións das asociacións de veciños á comisión de urbanismo e tráfico cando sexa convocada. | O grupo municipal de Esquerda Unida critica o desleixo do goberno do PP ante a grave situación de Ferrol Vello.
Ao igual que a semana pasada, na correspondente comisión de urbanismo, o grupo municipal de Esquerda Unida pediu explicacións pola improvisada ordenanza reguladora de tráfico na próxima, que non será esta semana, comezaremos tanto a levar as reivindicacións das entidades e veciñanza que se ven prexudicadas polas decisións do PP como a continuar co xa exposto no pleno a propósito dos seus contidos aprobados só inicialmente.
O grupo municipal de Esquerda Unida fai súas as demandas das asociación de veciños e comerciantes de Esteiro e Ultramar e volverá de novo, en preguntas e suxestións porque noutro punto non hai posibilidade, a levar a problemática do tráfico á comisión de urbanismo e seguridade cando o Partido Popular teña a ben convocala. Neste sentido criticamos como grupo a falta de iniciativa do goberno municipal para levar con tempo suficiente para o debate e toma en consideración as propostas que presenta. Como mostra a última sesión: na orde do día só figuraba licenzas e a aprobación inicial da ordenanza de terrazas para ser inmediatamente levada ao pleno ao día seguinte. En “rogos e preguntas” a oposición no seu conxunto plantea dezaoito preguntas (á parte de sete que EU vén incluíndo dende o 30 de maio de 2012 reiteradamente e que algunhas tocan ao seu fin: asfaltado da rúa Herbosa) das que sete son Esquerda Unida:tráfico paradas de autobuses a centros sanitarios e marquesiñas, problemas de saneamento no medio rural, talas de árbores e mantemento etc.
Esta é a tónica común: saturación de demandas veciñais como suxestións da oposición ante a imposibilidade de que o asociacionismo canalice as súas demandas polas institucións participadas. Por iso aínda non sabemos nada do prometido novo plan especial para Ferrol Vello por iso non son quen de convocar asembleas de barrios para que os veciños poidan libremente expresar as súas demandas e opinións sobre a zonal azul ou a ordenación tráfico, por iso non son quen de convocar ao consello da veciñanza e, dotándoo dun regulamento interno, facelo partícipe da toma de decisións sobre tráfico, transporte público ou investimento en rexeneración urbana para lograr a recuperación económica e comercial de determinados barrios sumidos no máis absoluto e interesado abandono como estamos a padecer.
Ferrol 4 de marzo de 2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Yolanda Díaz Pérez, Xabier Ron Fernández e Ramón Vázquez Díaz, integrantes do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral no Pleno, relativa a situación de ruína da casa de Carvalho Calero en Ferrol.
Co derrube dunha parede medianeira da casa de Carvalho Calero confirmamos o mal que corroe o barrio de Ferrol Vello, o espazo primixenio da cidade, que sofre unha progresiva degradación que semella imparable, diante da práctica parálise coa que se conducen as administración públicas competentes todas nas poutas do PP.
É unha confesión do desinterese do PP a realidade do retraso que acumula o goberno municipal para aprobar o plan especial de protección e rehabilitación de Ferrol Vello, que agora se nos anuncia para fins de mes, logo de contemplar a paisaxe de Sarajevo que presenta o barrio, dende a praza de Ferrol Vello en ruínas ate a rúa Curuxeiras pechada hai un ano, unha sucesión de desaloxos e que agora presenta este derrubo nun inmoble cuxa rehabilitación se vén adiando sen motivo, ou con el: a pura falla de interese.
A Xunta de Galicia declarou o barrio de Ferrol Vello como ben de interese cultural ( decreto 33/2011, do 10 de febreiro) atendendo a importancia do conxunto histórico como elemento nuclear e orixinario da cidade de Ferrol. Esa figura garante unha protección integral que vencella a todas as administración públicas. Logo de 3 anos nada se fixo e o barrio segue a virse abaixo. Que fai a Xunta de Galicia para facer efectivo o previsto no artigo 25.2 da lei do patrimonio cultural de Galicia?
Ferrol Vello precisa unha actuación rehabilitadora decidida e nese ámbito a casa de Carvalho Calero pode xogar un punto de inflexión desa derrota de ruína que os gobernos local e da Xunta practican con el. Regresión demográfica e falla de servizos e equipamentos son os complementos desa derrota de ruína. A pouco que se desenvolvan unha serie de actuacións definidas no corazón do barrio este daría un volco completo, pero a Xunta amosa unha nula vontade de actuación.
En atención ao sinalado, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda achega a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión:
- Que actuacións desenvolveu e cales vai desenvolver en adiante o goberno galego para garantir a protección integral que reporta a declaración de BIC do barrio de Ferrol Vello?
- Que actuacións de urxencia vai desenvolver o goberno galego para coadxuvar a evitar a degradación e ruína de Ferrol Vello e en particular para recuperar e rehabilitar a casa de Carvalho Calero?
- Que financiamento vai habilitar a Xunta de Galicia para a rehabilitación de Ferrol Vello?
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Xabier Ron Fernández
Asdo. Ramón Vázquez Díaz
---
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
4 de março de 2014 12:57
Boas. Enviámosvos nota do grupo municipal pola que nos posicionamos diante dos problemas de organización do tráfico transportes públicos e urbanismo que padece a nosa cidade. Adxuntamos a proposición parlamentar que a iniciativa de esquerda Unida presenta hoxe o grupo parlamentar de AGE no Parlamento a propósito da situación casa natal de Carvalho Calero en particular e Ferrol Vello en xeral. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local.
_____________
Foto: Ferrol Vello, de Urban Idade.
__________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon