xoves, abril 24, 2014

A nosa comarca está en emerxencia, o 1º de Maio nas manifestacións obreiras e en 'Rodea o Concello'


Este 1º de Maio na nosa cidade, coma no resto do planeta, transcorrerán manifestacións para defender os dereitos das traballadoras e os traballadores, no 'Día do Internacionalismo Proletario'. Pero na nosa comarca este 1º de Maio ten que ser de loita e vixilia ante a emerxencia social que estamos a vivir. É por iso que un grupo de cidad@s activos na defensa de Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a participar nestas manifestacións, e inmediatamente despois, de 13 a 22hs,  RODEAR O CONCELLO, en defensa das seguintes reivindicacións:
1ª Inversión inmediata a través dos concellos para a contratación pública de traballadores/as para conservación do patrimonio, rehabilitación, limpeza de montes, da Ria...

2ª Paralización, ante situacións de paro, dos desafiuzamentos, cortes de auga e luz.

3ª Carga de traballo para os nosos estaleiros, incluído o dique flotante, e levantamento do veto.

4ª Plan de axuda ao pequeno e mediano comercio a través do creto, nova lei para regular e limitar a implantación das grandes areas comerciais.

5ª Recuperación da Ria a través do saneamento integral. Paralización do trazado da Malata e da actividade ilegal, perigosa e gravosa de Reganosa.

6ª Defensa dos servizos públicos, sanidade, educación, s. sociais, da dependencia, correos, xustiza...
CONTAMOS CONTIGO!

RODEA O CONCELLO!!!

O 1º de Maio de 13 a 22hs, no concello de Ferrol (trae velas).
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon