domingo, abril 06, 2014

Con Reganosa de fondo: Unha grande explosión ocorreu, na mañá do pasado luns, nunha planta almacén de Gas natural licuado (GNL) nas proximidades da cidade de Plymouth

Tags


Unha grande explosión ocorreu, na mañá do pasado luns, nunha planta almacén de Gas natural licuado (GNL) nas proximidades da cidade de Plymouth, estado de Washington á beira do río Columbia. A planta de licuefacción, almacenaxe e regasificación, propiedade de Williams Cos Ins LNG, componse de dous tanques almacén de 14,6 millóns de galóns de capacidade cada un (uns 56.000 m3, o que supón un terzo da capacidade dos tanques de Reganosa) e demais equipos auxiliares. A explosión escoitouse a varios quilómetros de distancia e o lume extinguiuse en dúas horas. Como consecuencia da explosión resultaron feridos 5 traballadores da planta que foron trasladados a dous hospitais da zona. Aínda o martes o persoal de emerxencia non entrara na planta enviando un robot ao longo do luns para toma de datos da fuga de gas. Expertos do sector do gas natural non comprenden aínda as razóns da explosión que se rexistrou na zona lindante á parede do tanque, lugar de difícil confinamento do gas vaporizado. Como consecuencia do accidente as autoridades procederon á evacuación dos habitantes da zona residentes nun círculo de 2 millas de radio (3,2 km).

A tipoloxía deste accidente débenos facer reflexionar que os imponderables están á espreita e en calquera momento o impensable pode ocorrer. Debemos pensar que a Planta accidentada ao estar afastada de poboación agrupada soamente afectou a unhas 500 persoas que foron evacuadas da súa residencia.

Como se faría unha evacuación na ría de Ferrol se a zona a evacuar é de 3,2 km de radio comprendendo lugares densamente habitados como son: Mugardos, Meha, Franza, O Seixo, A Graña, Centro de Ferrol e Caranza?

Enlaces:

http://youtu.be/nypihBmunEc
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado polo:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
4 de abril de 2014 12:43
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon