A plataforma Salvemos A Malata retoma as mobilizacións.
A plataforma Salvemos a Malata que se opón á construción do viaduto do tren ao porto exterior pola Malata convoca a toda a cidadanía a participar nunha concentración o vindeiro domingo día 6 de abril, que terá lugar ás 12h do mediodía na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro. Este colectivo está formado por unha trintena de entidades sociais da comarca de Ferrolterra.
Esta concentración faise coincidir co aniversario da publicación da DIA deste proxecto, que este colectivo considera a “sentencia de morte” da enseada da Malata, e con ela van tratar de continuar manifestando a súa oposición a este proxecto, e non descartan realizar outras mobilizacións.
A construción do viaduto pola Malata vai provocar nesta enseada unha alteración crítica (alteración sen posibilidade de reverterse) sobre o ecosistema mariño desta zona que aínda conserva unha gran biodiversidade a pesar dos constantes recheos que veu sufrindo nas últimas décadas.
Construíndo este viaduto ademais de matar a fauna e flora que viven na enseada, condenaríase á mesma a non ser navegable polo que non tería acceso por mar, ate de embarcacións pequenas, polo que no caso de calquera incidente (verquido, fuga de sustancias contamiñantes, etc), sería imposible o acceso por mar para controlar dita posible incidencia, debendo terse en conta que o tránsito de convois con “todo tipo de mercancías” incrementa o risco de posibles incidencias e posibles verquidos.
Este colectivo presentou o pasado ano, despois da publicación da DIA un recurso de reposición contra esta, por considerar que entraba a valorar cousas que non lle correspondía, e porque as conclusións da mesma alonxábanse moito do rigor científico e medioambiental exisido pola lexislación tanto española como europea.
A pesares dese recurso o Goberno (ante a actitude de silencio da Xunta de Galicia e do goberno municipal de Ferrol) mantense no proxecto da vía sur de acceso ao porto exterior alegando o criterio económico como criterio fundamental, pasando por riba de que este proxecto vai supoñer a morte da enseada da Cabana – A Malata e o futuro “recheo e asfaltado” da mesma.
Xandro: 660859493; Coreo-e: babor6@gmail.com
Blog: http://
Facebook: http://www.facebook.com/pages/
Contacto: queescondeotrenaoportoexterior
Video en Galego: http://youtu.be/ui4UQA4MAus
Video en Castellano: http://youtu.be/1fR7lcgHRHE
Enviado por:
Salvemos AMalata
-queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com-
19 de março de 2014 14:47
Ola: En un arquivo que xuntamos a este mail, remitímosvos nota de imprensa sobre a concentración que convocamos para o próximo día 06/04/2014, ás 12 da mañá, na pasarela peonil da entrada ó peirao carboeiro de Ferrol. Esperámosvos a todos alí. Salvemos a Malata!!!!!! O tren polo Norte!!!!!!!
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon