xoves, abril 03, 2014

Despois do 22M seguimos marchando: Asemblea Aberta, no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño, o Mércores 9 de Abril, ás 6 da tarde


Despois do 22M seguimos marchando, é por iso que continuamos organizando-nos, concienciando-nos e mobilizando-nos, para acadar os nosos obxectivos de Pan, Traballo e Teito. O Mércores, 9 de Abril de 2014, vemo-nos na Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra que se celebrará no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño en Ferrol, ás 18:00hs.

O 22 de Marzo, confluíron en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

Falaremos do que suceda e acorde na xuntanza de coordinación que o día anterior 8 de Abril, vai ter lugar en Compostela. Prepararemos os dous actos de presentación e organización programados para San Valentín (Fene) e Canido (Ferrol). Abordaremos o tratado nas comisións de traballo: a de coordinación, a de enerxía e a do 1 de Maio. e por último prepararemos a convocatoria da Asemblea Galega das Marchas da Dignidade do Sábado 26 de Abril na 'Casa Común de Oza' no concello de Teo, de 10 da mañá a 2 da tarde.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA E HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon