A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas cun obxectivo claro: dicir non ao veto que a UE mantén, para a construción naval civil, nos estaleiros de Navantia. Mentiras, manipulacións, promesas incumpridas... veñen a encher este longo camiño reivindicativo, de toda unha comarca, en defensa dos seus estaleiros.
Asociacións, partidos políticos, distintas iniciativas cidadáns... aparecían hoxe enchendo a praza en apoio á construción naval. O bloco reivindicativo das Marchas da Dignidade, puxeron forza, música e consignas a unha mobilización que non aclarou cal vai ser o camiño a tomar o día 1 de abril. Cal vai ser o día seguinte para estas reivindicacións que devolvan a dignidade a esta comarca.
As Marchas da Dignidade repartiron unhas dúas mil octavillas na manifestación comarcal de apoio ao naval dirixidas a toda a cidadanía de Ferrolterra.
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon