O grupo municipal de Esquerda Unida apoia as reivindicacións da Plataforma contra a destrución do Emprego en Correos | Esquerda Unida asumirá as demandas e a moción que a plataforma ten previsto rexistrar mañá no Concello.
O grupo municipal de Esquerda Unida apoia as reivindicacións da plataforma constituída recentemente e que agrupa ao 90% de traballadores e traballadoras de Correos na cidade. A plataforma entende que a dirección de Correos pretende un plan de “reestruturación”, o típico eufemismo que o PP emprega cando quere falar de retalladas , despedimentos e privatizacións.
Esquerda Unida considera un proceso totalmente rexeitable na medida na que non só non soluciona a precarización de plantilla que está a sufrir o servizo público Correos senón que abre as portas de par en par á privatización. A dirección da empresa ten que asumir que Correos é unha empresa pública e que presta un servizo público e que hai aspectos absolutamente irrenunciables en canto ao seu carácter: notificacións de organismo oficiais, por exemplo. Poñemos o exemplo para ilustrar mesmo aquelo que afecta aos dereitos constitucionais e que mesmo aparece cuestionado noutros procesos de reforma legal como o proceso de privatización dos actos de comunicación da man da lei de Axuizamento Civil, aínda que para EU todo o servizo que se presta é igualmente defendible como público e exercido por empregados públicos con dereitos e con traballos dignos.
O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a actitude da empresa na comarca que , para xustificar o inxustificable, opta por reducir o nivel de contratación anual amparándose en supostos cambios demográficos; así, de 235 contratos de Correos correspondentes á bolsa de emprego que cobre baixas e substitucións pásase a 79 no ano 2013.Todo correspondente ao servizo de reparto e atención ao cliente.
O grupo municipal de Esquerda unida estará presente mañá ás 12:00 horas cando os representantes da plataforma presenten a moción no rexistro do Concello e se defenda no Concello-pleno as correspondentes reivindicacións.
Ferrol 10 de abril de 2014
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de abril de 2014 13:57
Boas. Enviámosvos nota do grupo municipal pola que nos posicionamos contra a intención da empresa Correos de retalladas e despedimentos na comarca así como damos o apoio e acompañamento á Plataforma contra a destrución de emprego en Correos en Ferrolterra e á presentación dunha moción que mañá ás 12:00 horas farán no rexistro municipal os seus representantes. Grazas e un saúdo. Secretaría de Comunicación. CPL-Ferrol.
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Esquerda Unida
Esquerda Unida contra a intención da empresa Correos de retalladas e despedimentos na comarca
venres, abril 11, 2014
Esquerda Unida contra a intención da empresa Correos de retalladas e despedimentos na comarca
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, abril 11, 2014
Tags
Artigos relacionados
- Javier Galán demanda a convocatoria da comisión de Urbanismo, Seguridade e Tráfico “que
- Acto publico con Cayo LaraBoas compañeir@s e amig@s:O pasado 12 de xuño milleiros de pe
- O Consello Local de Esquerda Unida denuncia o que considera o inicio da “semana de terr
- Hoxe venres 19 de xuño, ás 16:30 horas, no Parque Municipal de Ferrol, nun acto públic
- O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O CONVENIO CON DEFENSA AGOCHA TRAS A OP
- No día Internacional do Pobo Xitano, este venres 8 de Abril terá lugar un acto en Conme
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon