venres, abril 11, 2014

O gaseiro 'LNG Gemmata', o 167 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Venres 11 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día

Tags


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 11 DE ABRIL, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Gemmata', é un buque de grande porte, 290 m de eslora e 46 m de manga e  de calado 11.30 m. Cunha capacidade de 138.104 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 11 de Abril de 2014. Esta entrada, supon xa a 167, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Hai case dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de abril de 2014 18:27
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon