xoves, maio 01, 2014

A comisión de peticións da Unión Europea remite unha comunicación onde di que acepta a trámite a denuncia presentada polo colectivo social 'Salvemos A Malata - O Tren polo Norte'

A comisión de peticións da UE acepta a trámite a denuncia presentada polo colectivo social Salvemos A Malata

A comisión e peticións da UE ven de admitir a trámite a denuncia que o colectivo social que se opón ao trazado sur do tren ao porto exterior presentou a través da eurodiputada Ana Miranda.

O pasado mes de febreiro de 2013, dous meses antes da publicación da declaración de impacto ambiental do proxecto do tren ao porto exterior, membros do colectivo social que se opón a esta infraestrutura tiveran un encontro coa eurodiputada Ana Miranda na que lle plantexaran a posibilidade de presentar unha denuncia na comisión de peticións da UE. Esta denuncia frutificou dous meses despois, e foi admitida a trámite agora un ano despois.

Segundo recolle a comunicación “A Comisión de Peticións iniciou o exame da súa petición e decidiu solicitar á Comisión Europea que leve a cabo unha investigación preliminar sobre os diferentes aspectos do problema” polo que comeza aquí un período no que a UE analizará o prexuízo que esta infraestrutura causará ao entorno e os veciños da zona, así como a súa financiación cos fondos europeos.

Lembramos que este colectivo se opón ao trazado sur, non só polo atentado ecolóxico que vai provocar senón tamén pola imposibilidade da navegar na enseada, despois da construción do viaduto que cruza a Malata. Este colectivo sempre se manifestou a favor da construción do tren pola alternativa norte, moito menos agresiva co medio ambiente, e na que non se alterarían as dinámicas litorais dunha ría xa bastante degradada. Ademais, este colectivo quere recordar que a comunicación por tren do porto exterior lle parece unha infraestrutura necesaria para a cidade e queren que se faga “para mellorar”, non para destruír a Malata.

Xandro: 660859493; Coreo-e: babor6@gmail.com
--
Blog: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com
Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538
Contacto: queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com
Vídeo en Galego: http://youtu.be/ui4UQA4MAus
Vídeo en Castellano: http://youtu.be/1fR7lcgHRHE

Vídeo en Inglés: http://youtu.be/rxfUcDYpcVA

Enviado por:
Salvemos AMalata
-queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com-
30 de abril de 2014 13:11

___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon