Ante a maquinaria propagandística posta en marcha con motivo do inicio do corte de chapa do flotel
Ante o aparato propagandístico desenvolvido con motivo do inicio do corte de chapa do buque BAP (Buque de apoio a plataforma) a CIG de Navantia manifesta o seguinte:
• É sospeitosa a grande difusión que lle dou ao evento, tanto Navantia invitando á toda a prensa, como dalgún medio público interrompendo a súa emisión para conectar en directo para “que os oíntes escoitasen” o ruído do corte de chapa.
• Tampouco nos pode pasar desapercibido que estamos no peche dunha campaña electoral, que xa comezara co anuncio da construción dun “buque gris”. Non teñen ningún rubor, son os verdadeiros responsábeis da falta de carga de traballo que sufrimos, e cando poñen un parche á situación, anúnciano a bombo e prato.
• Ao igual que pasou con Barreras, programan o comezo do corte de chapa atendendo a uns intereses electorais, que nada teñen que ver cos fitos construtivos. A día de hoxe non están constituídas as quendas dos cadros de persoal que lle teñen que dar continuidade aos traballos. A previsión é de non comezar o “traballo real” até entrado o mes de xuño.
Así pois, estamos ante unha nova manipulación política dos gobernos, que están máis preocupados dun puñado de votos que de darlle solución ao principal problema que padece esta comarca: a falta de emprego.
Pensamos que a Dirección da empresa ten que deixar de facer campaña política e dedicar os seus esforzos a reforzar a posición comercial, impulsar a innovación e conseguir a carga de traballo que sosteña o emprego nesta comarca.
Volvemos a reiterar que a solución a esta comarca está en decisións políticas, que non queren tomar. Necesitamos un dique, o levantamento do veto xunto á anulación das restricións impostas á contratación de construción civil.
Sección Sindical da CIG Navantia-Ferrol.
Navantia-Ferrol, a 22 de maio de 2014.
Fonte: Avantar
---
En Ferrol 360
Sátira contra as promesas políticas para despedir a campaña do naval de Ferrol
Falsos ministros, alcaldes e presidentes. Billetes que tamén son de mentira e promesas que se leva o vento, seica a choiva incesante deste xoves. Cumpríanse nove horas do corte da primeira chapa para o flotel de Pemex e os traballadores do naval de Ferrol desafiaban ao mal tempo, percorrendo a pé nunha marcha reivindicativa o traxecto que dista entre o astillero de Esteiro e o Cantón de Molíns. ... [Seguir lendo]
Sátira contra as promesas políticas para despedir a campaña do naval de Ferrol | RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Xoves 22 maio 2014 | 19:42
Foto: Raúl Salgado en Ferrol360.
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon