CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
SÁBADO 10 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA
SÁBADO 10 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA
O gaseiro 'LNG Sestao Knutsen', é un buque de grande porte, 284 m de eslora e 42,5 m de manga e de calado 12.30 m. Cunha capacidade de 138.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 10 de Maio de 2014. Esta entrada, supon xa a 169, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Esta concentración coincide, cun novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. Pois anuncian un novo negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será a construción dun surtidor de gas (gasoliñeira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel.
Hai dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.
Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PECHE XA!!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2014 15:5
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon