Nota do CCE sobre o Hub de Reganosa
A Xunta e Reganosa métennos gato por lebre
Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada. Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.
A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.
Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, anuncian-nos un novo "revulsivo" para Ferrolterra: "Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques", recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.
Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis "importante": o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ría.
Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ría, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).
Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.
En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.
Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria...; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.
Ferrol a 06-05-2014
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de maio de 2014 12:53
_______________Documentación:
Axudas financeiras comunitarias no ámbito das redes transeuropeas de transporte e enerxía - RTE-T / RTE-E | http://euroalert.net/ueprogrammes.aspx?idp=569
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon