Concentració e réxime de autoconvocatoria polo fin da monarquía e a apertura dun proceso democrático onde a cidadanía e os pobos do Estado poidan decidir o seu futuro
Sábado 7 de Xuño, ás 8 da tarde, na Praza do Concello de Ferrol.
Por primeira vez o bipartidismo sufriu unha derrota electoral, nestas pasadas Eleccións Europeas. Un bipartidismo sostén da monarquía, as oligarquías industrias e financeira, o sistema da desigualdade e as políticas neoliberais que nos empobrecen e matan. A apurada abdicación do Borbón, nunha situación de corrupción xeneralizada do réxime monárquico e neoliberal, asentado nun bipartidismo esgotado e tramposo, explica-se polo temor a que o sistema comece a facer auga e o pobo comece a tomar as rendas do seu futuro.
Máis de 50 mobilizacións en todo o Estado.
Tomar as rúas, tomar as prazas, polo dereito a decidir.
Que se vaia o Borbón!
Viva a República!
O pobo unido xamais será vencido!
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon