xoves, xuño 19, 2014

O BNG apoia a mobilización da plataforma galega “Marchas da Dignidade” no acto de protesta de rodear o Parlamento Galego

O BNG apoia a mobilización convocada pola Plataforma Galega Marchas da Dignidade que este sábado se traduce nun acto reivindicativo co que se rodeará o Parlamento de Galiza.

A formación nacionalista comparte a demanda de que o Parlamento ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía que está a ser acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna, políticas que provocan emigración, paro, exclusión social e mesmo fame.

O Bloque está e estará sempre do lado da cidadanía galega que se mobiliza contra unhas políticas inxustas, que causan sufrimento e pobreza na maioría social, políticas que se deciden de costas ás institucións democráticas, coa complicidade dos partidos do sistema que actúan como verdadeiro brazo executor ás ordes da Troika, da banca e das multinacionais, mentres asistimos a unha auténtica poda de dereitos básicos e se arrasa cos servizos públicos.

Para o BNG a mobilización social é clave para facerlle fronte aos poderes do gran capital, que usan aos partidos políticos do sistema como monicreques ao seu servizo, nunha situación de emerxencia, porque está en xogo o noso futuro, como persoas e como pobo.

Fonte: http://www.bng-galiza.org/
___________

Enlaces:

#Marchas da Dignidade de Galiza

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade

No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon