Esquerda Unida de Ferrol contra os gobernos de seis meses de campaña e tres anos de inactividade. | O recente Plan de obras anunciado polo goberno municipal é un exercicio de cinismo electoralista.
O recente anuncio dun Plan de mellora de vías polo goberno municipal, cun investimento de 1,2 millóns de euros, ven a poñer de manifesto que as rúas e vías da cidade de Ferrol, tan só serán transitables para a veciñanza cando o Partido Popular de Ferrol decide arrancar a súa campaña electoral.
O mantemento ordinario da cidade de Ferrol nos últimos anos, baseada nun Plan de barrios consistente na reparación de fochas en pequenas partes da cidade, cuberta dun marchamo de populismo, con reunións ficticias coas veciñanzas sen opción de participación real, e convocatorias á prensa para simular actividade que non existe, cando queda sen executar unha quinta parte do orzamento que ben podería ser utilizado a debido tempo no mantemento ordinario de rúas e beirarrúas para mellorar a calidade de vida e, ademais, na creación de emprego, nada menos que 10 millóns de euros, que ben poderían paliar a situación de emerxencia social que estamos a vivir.
Por outra banda, Esquerda Unida censura a adxudicación destas obras á Tragsa, empresa semipública, no canto de crear emprego directo a través das bolsas de emprego municipais, totalmente menosprezadas e inutilizadas, e de impulsar unha Cuadrilla de obras municipais, que sempre figurou no programa de EU Ferrol e crearía emprego de calidade e directo, sen custos intermedios nin convenios para empregos precarios, ademais de posibilitar unha mellor fiscalización dende o goberno municipal.
Javier Galán, voceiro do grupo municipal, quere recordar que as decisións sobre as actuacións en materia de obras e mantemento son manifestamente unilaterais, xa que as propostas feitas dende hai meses na Comisión de Urbanismo, como o arranxo da rúa Manuel Belando, teñen o silencio como resposta, o que pon en evidencia que o goberno municipal está máis preocupado pola cita electoral que pola adecuación da cidade ao benestar urbano.
Ferrol, 25 de agosto de 2014.-
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
5 de agosto de 2014 14:27
25 de agosto de 2014 12:59
Bo día. Enviamos nota de prensa pola que o portavoz do grupo municipal de Esquerda Unida denuncia o oportunismo e a demagoxia do PP ao anunciar un suposto plan de obras e mellora de vías cando non se trata de outra cousa que de mantemento ordinario. Grazas pola atención e un saúdo, Jorge Suárez Secretario de Comunicación
___________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Esquerda Unida
Esquerda Unida de Ferrol contra os gobernos de seis meses de campaña e tres anos de inactividade - O recente Plan de obras anunciado polo goberno municipal é un exercicio de cinismo electoralista
luns, agosto 25, 2014
Esquerda Unida de Ferrol contra os gobernos de seis meses de campaña e tres anos de inactividade - O recente Plan de obras anunciado polo goberno municipal é un exercicio de cinismo electoralista
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, agosto 25, 2014
Tags
Artigos relacionados
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO LOCAL DAR CONTINUIDADE NO PRESENTE
- ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA MALA OPCIÓN A DE QUE SEXA CAPITAL PRIVADO QUEN AMPL
- O grupo municipal de Esquerda Unida considera necesario un cambio radical na política u
- APOIO Á LOITA DOS TRABALLADORES DA EMPRESA FERROLTERRÁN "COCINAS SIERRA" DENDE ESQUERD
- O grupo municipal de Esquerda Unida denuncia a pasividade acrítica do goberno municipal
- O Consello Local de Esquerda Unida denuncia o que considera o inicio da “semana de terr
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon