A Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol, solicitou hoxe pola mañá (martes 26 de agosto de 2014) por Rexistro no Concello a solicitude de intervención no pleno do vindeiro xoves 28. Na orde do día deste pleno, figura a aprobación da modificación da ordenanza que contempla a nova taxa da auga. Unha vez rexistrada a petición de intervención, realizou-se unha rolda de prensa ás 11.30 h. no propio holl das dependencias do rexistro municipal do do Concello de Ferrol á que asistiron representantes de partidos políticos, colectivos veciñais e medios de comunicación, da cal presentamos, a continuación un detalle da mesma, na que interveñen, os membros da Comisión de Traballo da citada Iniciativa Cidadá: Alexandre Carrodeguas e Nes Rodrígues.
http://youtu.be/KV4d4XAIPRE
Para máis información o sitio na rede da Iniciativa Cidadá:
http://www.augaesaneamentodeferrol.blogspot.com.es/
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon