A UPG PRESENTA EN FERROL UN NOVO VOLUME DA REVISTA TERRA E TEMPO
"50 PREGUNTAS, 50 ARGUMENTOS PARA A SOBERANÍA DE GALIZA"A Unión do Pobo Galego organiza un acto público en Ferrol que terá lugar este mércores 17 de setembro ás 20.00 na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32 Baixo) no que presentará o último número, o 171, da revista Terra e Tempo.
Este novo volume da revista Terra e Tempo, trátase dun exemplar que leva por título “50 preguntas, 50 argumentos para a Soberanía de Galiza” é unha obra coral na cal participan cincuenta persoas de ámbitos, xeracións e formacións diversas que abordan e tentan dar explicacións a diversas cuestións relacionadas con Galiza e coa situación política na que se atopa o noso país en todos os seus frentes: político, económico, social, cultural etc.
Este acto será presentado polo Secretario de Zona da UPG en Ferrolterra, Manuel Rei Romeu e contaremos coa presenza de Rubén Cela, Coordenador do volume e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.
Sen máis recebede un cordial saúdo en nome da UPG.
Ferrol 15 de setembro de 2014.
asdo. Pedro Fernández
http://www.uniondopovogalego.org/
http://www.terraetempo.com/
Enviado por:
Pedro Fernandez
-kensabegz@gmail.com-
15 de setembro de 2014 16:22
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon