Por Iolanda Teijeiro Rey [*]
02.10.2014
"Lévame a aquela fonte cristaíña onde xuntos bebemos as purísimas augas que apagaban sede de amor e chama de deseios..." A inmortal Rosalía falándonos do amor, o máis prezado da vida, coma unha fonte de augas cristaíñas. Porque Rosalía vivía nunha Galiza onde non había saneamento nin tratamento das augas. As fontes e lavadoiros eran os lugares da muller onde o amor mozo tiña o seu escenario natural. Ao rumor das augas namorábanse os mozos. Sempre no fresco segredo das augas. Era duro ter que ir á fonte, traballo de mulleres. Pero alomenos a auga era de todos, un ben común!. Mais cando os concellos deron en sanear e levar ás casas a auga houbo vellos que se negaron. Parecían ignorantes que desprezaban un ben social. Hoxe, dende a distancia histórica, parecen sabios coñecedores da picaresca municipal!.
Levar a auga ás casas tiña un custe que había que pagar. Pero, inxeis de nós, criamos que sería un custe razoábel, non un abuso. Asolagaron As Forcadas. Eu coñecín unha muller idosa que vivía hai tempo na rúa do sol que fora desprazada daquel seu val, terra vizosa e cultivada. Viña dunha cidade asolagada para facer o encoro que abasteceu de auga a Ferrolterra. E despois din que son lendas as das cidades asolagadas coma Lucenza!. Daquela eu fora contratada temporalmente por Dragados e Construccións para actualizar o censo de auga de Ferrol. Lembro que trouxeran un Enxeñeiro de Camiños que non era de aquí e non tiña nin ideia do plano de Ferrol para distribuirmonos polas zonas. Coidaba que Caranza podía actualizarse nunha semana. Entón decateime da chapuza da política de augas municipal. Había pisos que non pagaban auga porque o concello non os deixaba xa que non existían oficialmente. Lembro uns que a partires do cuarto andar xa non existían. Era e segue a ser, supoño, a política urbanística dos piratas. Había obxectores comerciantes que non pagaban a auga porque lles parecía abusiva a taxa, e o era. Pagaban unha barbaridade máis cos fogares cando o consumo era mínimo. Axuda isto a conservar os postos de traballo dos pequenos comerciantes?. Entrementres os pisos dos militares non pagaban nada. Avisábannos que xa non foramos por alí. Eu non podía acreditar nestes privilexios dos mellores tempos do franquismo. Imaxino que os templos tamén estarían exentos. Cando o gasto de auga é moito maior onde hai bautizos acotío e xarróns de froles matrimoniais. Naqueles tempos non se pagaba por consumo porque os contadores non funcionaban, non se tomaba lectura. Algúns estaban agochados no fondo das lacenas ou pendurados das fiestras e só accesíbeis aos montañeiros ou contorsionistas circenses.
Mais agora que somos europeos xa nos cobran a taxa de auga por consumo. O malo que o mínimo consumo, o cero, dunha vivenda na que non abres a billa porque non vives alí é de vinte e pico euros. Hai que ir de liorta a cada pouco a Emafesa, a empresa privada que a xestiona porque che suben a taxa sen avisar a tempo. Menos mal que non o temos domicialiado!. Seica se o contador non se move Emafesa coida que é porque o contador está averiado. Non caen na conta que pode ser porque non vive ninguén alí. Se te das de baixa aínda así tes que pagar o lixo, anque non o xeres e tamén a reciclaxe para outra empresa privada, Sogama, obsoleta, que aínda con grandes beneficios, sube outra vez as taxas. Cantas familias haberá hoxe en Ferrol que viven sen auga porque non poden pagala? Onde está o xornalismo de investigación para destapar este atentado á cidadanía? Nin fontes teñen onde beber unha auga que se ten por un recurso natural, por un dereito humano universal!. A guerra pola auga ía ser a guerra do futuro nas películas de ciencia-ficción pero xa é a guerra do presente!.
E agora ven o señor alcalde a vendérmonos o saneamento unitario! Expertos coma Joaquín Suárez da UDC alértannos de que non é sostíbel, que xera impacto ambiental e amais supón un elevado custe. Mais isto é o que interesa, a chapuza do elevado custe para encher as sacas da empresa privada. Se xa nos custaba pagar a taxa actual da auga agora recárgannos cunha taxa anual de 70 euros de promedio por familia. E con moitos menos millóns de metros cúbicos (7 no canto de 25) dos que nos taxaron. Transparencia? Non hai nada máis opaco ca auga deste concello!.
Lemos estes días que Arteixo vén de remunicipalizar o servizo de auga e parece que debido a isto baixará un 8,5 % o recibo de auga e saneamento. Por outra parte uns cidadáns exemplares andan a recoller sinaturas a prol de que en Ferrol se faga o mesmo. Remunicipalizar! Porque o público sempre é máis barato có privado. Cae de caixón. As empresas non son ONG e ao abeiro dos concellos fan bo negocio para eles e pésimo para nós, os cidadáns. Remunicipalizar os servizos para que volvan ser íntegramente públicos evitaría, ademais, as corruptelas ao mellor estilo Gürtel e Pokémon. Así que animo dende aquí a todos os cidadáns que se impliquen nesta loita por un bo servizo público de xestión e saneamento da auga en Ferrol. Como pouco asinando a Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento.
"Que onte á mañán na devesa a iauga se tornou roxa cando me fun lavar nela; Que en baixo dos meus peíños íñanse murchando as herbas..." Ai Rosalía, canto razón non tiñas!.
[*] Iolanda Texjeiro Rei, Pedagoga Social. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. Pertence á Asociación Hun Yuan Tai Chi Chuan. | Artigos no xornal comarcal 'Diario de Ferrol': Acceder. | Artigos no Sermos Galiza: Acceder. | Conta no facebook: Acceder. |
Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
1 de outubro de 2014 15:28
__________________________

Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon